Angrois.-Vítimas do Alvia piden a González e Zapatero o apoio do PSOE a unha comisión de investigación sobre o accidente

A plataforma concéntrase ás portas do Ifema de Madrid, que acolle a presentación da candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE

| 26/03/2017 | Actualizada ás 14:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Plataforma de Vítimas do tren Alvia de Santiago de Compostela concentrouse esta mañá ás portas do pavillón de Ifema de Madrid, onde este domingo tivo lugar o lanzamento da candidatura da presidenta da Xunta de Andalucía, Susana Díaz, para as primarias do PSOE.

Alí, membros da plataforma abordaron á súa chegada ao recinto aos expresidentes do Goberno Felipe González e José Luís Rodríguez Zapatero para pedirlles o seu apoio para a creación dunha comisión de investigación parlamentaria sobre as posibles responsabilidades políticas no accidente do tren Alvia rexistrado na capital galega o 24 de xullo de 2013 que custou a vida a 80 persoas e deixou 144 feridos.

Segundo recolle un vídeo difundido pola plataforma en redes sociais, membros do colectivo de vítimas entregaron folletos informativos aos expresidentes socialistas para reclamarlles que o grupo parlamentario do PSOE no Congreso apoie a creación dunha comisión de investigación sobre as causas do sinistro.

Membros da plataforma pediron a González e Zapatero coñecer "a verdade" e que se faga "xustiza". Os expresidentes arrouparon este domingo en Madrid á presidenta andaluza, Susana Díaz, na presentación da súa campaña para as primarias do PSOE, onde compite co exsecretario xeral socialista Pedro Sánchez e o exlehendakari Patxi López.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta