Temas: MODA

O estilo nórdico vintage chega a Galicia

Abre en Compostela un establecemento especializado en mobiliario e obxectos de mediados do século XX.

Por GC Tendencias | Compostela | 28/03/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Compostela contará a partir do mércores 29 de marzo coa primeira tenda especializada en mobiliario orixinal de estilo nórdico vintage. No in-perfecto, na Rúa da Rosa nº36, o público poderá atopar desde aparadores, andeis, escritorios, mostradores... a espellos, lámpadas, cadeiras e butacas.

O proxecto xurdiu pola paixón que os tres socios do establecemento teñen polo interiorismo e tras comprobar que na capital galega non existía a posibilidade de adquirir este tipo de pezas orixinais. A filosofía do in-perfecto é ofrecer mobles de calidade, duradeiros, cun deseño persoal e realizados con madeiras nobres que hoxe día son máis inaccesibles.

Mobles de deseño danés: simplicidade e funcionalismo

"Os deseñadores daneses de mediados do século XX baseáronse na sinxeleza e a funcionalidade para concibir mobles e obxectos domésticos que se converteron en iconas do deseño e aínda hoxe seguen sendo reproducidos", apuntan os impulsores deste local. Por iso, no in-perfecto conviven pezas orixinais da escola danesa -como as lámpadas PH, de Poul Henningsen ou a mesa Kut Ostervig- con outras máis descoñecidas pero igualmente atractivas.

Pintura e pezas artesanais

O in-perfecto tamén nace coa vocación de converterse nun espazo de difusión artística. Periodicamente as paredes do establecemento mostrarán obras de artistas locais así como cerámica artesanal, vaixelas e téxtiles.

El Imperfecto, nova tenda de decoración nórdica vintage en Compostela
El Imperfecto, nova tenda de decoración nórdica vintage en Compostela

Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta