Nace unha nova revista de estudos rosalianos

A Fundación Rosalía presenta 'Follas Novas’, que dirixe Xosé Luís Axeitos. No seu consello de redacción estarán Pilar García Negro, Francisco Rodríguez ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 28/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

‘Follas Novas’ será a nova revista de estudos rosalianos editada pola Fundación Rosalía de Castro. Unha revista que dirixirás Xosé Luís Axeitos, filólogo e membro da Academia Galega e na que participa a investigadora María López Sández.

No primeiro número de ‘Follas Novas’, de 237 páxinas e que se publicará con periodicidade anual, hai artigos e investigacións dos principais expertos en Rosalía de Castro, tanto a nivel nacional como internacional. É o caso de Kathleen N. March, da Universidade de Maine (EEUU), Carme Fernández Sanjulián (Universidade da Coruña), María López (USC), Francisco Rodríguez ou a propia Pilar García Negro, entre outros.

Ao Consello de Redacción da publicación pertencen María Victoria álvarez, Xosé Carlos Beiró, Carmen Blanco, García Negro e o presidente da Fundación, Anxo Angueira. E no seu Comité Científico están Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Xosé Luís Méndez Ferrín, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro Rábade, Francisco Rodríguez, Ana R. Fischer e Dolores Vilavedra.

Alén da revista en papel, é posible descargar en pdf os seus contidos na web da Fundación, http://follasnovas.rosalia.gal/.

A escritora e poetisa, Rosalía de Castro
A escritora e poetisa, Rosalía de Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta