Temas: PATACA

“Que veñan os do Goberno a romper o lombo e agora non poder recoller nada”

Como está a sentar a prohibición de plantar patacas entre os que as destinan ao autoconsumo? Polo visto no vídeo destas mulleres agricultoras de San Sadurniño mal, moi mal. Elas son do grupo de Maruxa Bouza, famosa na Internet ao relatar con moita retranca o descubrimento dunha planta de marihuana na súa horta. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | San Sadurniño | 28/03/2017 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Fixeron un curso da aula Cemit de  novas tecnoloxías e agora empregan os seus móbiles  e unha canle do Yotube para difundir os seus pareceres sobre temas de actualidade. Á prohibición de sementar patacas debido a colza guatemateca non lle atopan sentido.

Maruxa de San Sadurniño
Maruxa de San Sadurniño

“Hoxe non estamos nada de broma (...), sempre esperan de Galicia para fastidiarlle en todo (...) quen nos la meteu aquí? por que non vixían as cousas con tempo?” pregúntase Consuelo, unha das paisanas. “Que veñan os do Goberno e lles dean 600 euros e veñan plantaren e romper o lombo e agora non poder recoller nada” alega Carmiña. Maruxa critica que as patacas veñan de Francia a máis caras e que “coas nosas pensións que cada ano souben un euro, que imos facer nós!”. Cruz centra as súas críticas en que elas teñen que arrancar as patacas mentres que nos concellos limítrofes non. 

Temas: PATACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ex-votante das mareas

alguen vai investigar quen meteu a pataca podrida desde canarias a Galiza... digan os nomes dos pepeiros que meteron esta desgraza na patria galega, DIGAN A VERDADE!!!!