Temas: TURISMO IGREXA

Turismo pagou 882.000 € nun ano ao Arcebispado

Unha gran parte dos fondos que destina o Goberno Galego a promoción turística acaba indo ao Arcebispado de Santiago. Só o ano pasado, a Axencia de Turismo de Galicia firmou polo menos cinco convenios de colaboración con entidades dependentes deste organismo católico. O montante total é de 882.000 euros.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 29/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Así, a Catedral de Santiago recibirá 300.000 euros para “actividades de promoción”.  Outros 323.435 euros será o que destina o departamento de Nava Castro a rehabilitación da primeira planta do antigo Centro Internacional do Peregrino. 

Nava Castro na inaguracion do Belén da Catedral
Nava Castro na inaguracion do Belén da Catedral

Aló instalarase unha nova Cátedra da Universitaria de Santiago.  A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as peregrinacións recibirá 40.000 euros da Axencia. Malia que nela tamén colabora a USC, o convenio de creación especifica que o cargo de Director será nomeado “pola USC de común acordo coa Catedral” e un dos coodirectores será nomeado pola Igrexa.

A Axencia Turismo de Galicia investiu outros  200.000 € para a “mellora da atención aos peregrinos” mediante un convenio que prevé, ademais de sufragar gastos de persoal e servizos da Oficina do Peregrino, subvención o Congreso de Acollida Cristiá. 

Por último, o Seminario Mario Compostelano recibe da Axencia 19.000 euros para facer material promocional do Mosteiro de San Martín Pinario.

A posta do Goberno e da Igrexa por fomentar a peregrinaxe está a funcionar, polo menos no referido ao número total de peregrinos. En 2016 o  Camiño de Santiago pechou un ano histórico con máis de 278.000 peregrinos, superando o volume do último Ano Santo, o do Xacobeo 2010.

Turismo, USC e Igrexa firman a creación da Cátedra
Turismo, USC e Igrexa firman a creación da Cátedra | Fonte: usc.es

Temas: TURISMO IGREXA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Bambolino

Nada , mijallas o importante é o lobby da lingua é o bipartito de fai doce anos , iso si que é o importante.

2 Calvo sen pucha

E que non saben facer as cousas o mellor é que o externalicen a unha empresa que poderia chamarse Ciudadanía de Recepción de Subvenciones de mis Amigos SL

1 MAMORIA HISTÓRICA

Xa xa xa. ¿E ao Tito canto lle dera o bipartitito? Autorresposta: Tres millóns de pavos, tres ¿Alguén coñece un proxecto universitario subvencionado con semellante salvaxada de diñeiro? Aquí parece que a Igrexa non pode recibir un can, nunha dociedade como a galega na que o 80% dos seus membros se dwclaran católicos. Partidos, sindicatos e chiringos varios poden revibir todo. Vos tedes fiebre.

1 Serio

No pouco que se che entende na mensaxe, creo que --para non variar-- acusas de algo que sucedeu hai case dez anos e sen probas. O de sempre: que para tapar a túa natureza sumisa, perversa e esencialmente corrupta tes que recurrir ás difamacións e ó esbardalle. Clásico PP.

2 MdCDP

Pois eu o entendo divinamente. Que o Tito recibiu tres millóns de euros do bipartito recoñecerao ata el mesmo no Praza nos comentarios a unha nova. Lembroo estupendísimamente.

3 Serio

Poña ligazón á nova, non a un comentario dun que di ser, senón só queda chamarlle mentireiro, difamador e colaborador de corruptos e ladroísos. Dame bastante igual o que "lembre divinamente". Desahogao.