En Marea denuncia a "duplicidade" de construír a A-57 paralela á AP-9 por 1.200 millóns

En Marea critica o proxecto da A-57, unha "autovía" que cruzará de Norte a Sur Galicia "en paralelo" ao actual trazado da autoestrada de pago AP-9.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2017 | Actualizada ás 17:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea critica o proxecto da A-57, unha "autovía" que cruzará de Norte a Sur Galicia "en paralelo" ao actual trazado da autoestrada de pago AP-9.

En rolda de prensa en Pontevedra, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, e o portavoz da Marea de Pontevedra, Luís Rei, alertaron de que o custo desta A-57 será de "case 1.200 millóns" de euros, o equivalente ao que valería o rescate da AP-9.

Respecto diso, censura que estas obras suporán "un novo buraco" nas contas públicas, posto que "xa existe uan vía de alta capacidade que cobre ese mesmo itinerario", mentres que esa autovía paralela "suporá que a vía de pago", a AP-9, "perderá a inmensa maioría do seu tráfico".

"Nesa situación, a AP-9 converterase nunha autoestrada deficitaria e o Estado estará obrigado a rescatala, co que Galicia contará con dúas vías de alta capacidade a escasos cinco quilómetros unha da outra", avisa.

Por iso, a formación reclama unha xestión pública e galega da AP-9, "rescatando a súa concesión e converténdoa en eixo central das comunicacións por estrada", no canto dunha nova infraestrutura que suporía "un novo pelotazo coas infraestruturas do Partido Popular".

De tal forma, recrimina que, aínda que o Ministerio de Fomento a presente como unha "sucesión de circunvalacións de distintas localidades", a vía en construción que cruza A Fracha "non é unha circunvalación de Pontevedra", "senón un tramo máis dunha autovía".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 vivan o XIX e pistas de carros

Hay tráfico suficiente para as dúas. Sobre todo no vran. De aquí a que se remate hai tempo de que finalice a concesión. Esta xente non dixo nada cando se fixo unha autovía a Celanova pola que sí que non hai ninguén viaxando en ningún momento do ano. E hai lugares que precisan destas infraestruturas como os tramos final de Brión a Noia, o central de Palas a Lavacolla e o que comunique a Mariña coa A6 e Ferrolterra. O trazado da A8 sí que foi tirar os cartos, pero tampouco ninguén dixo nada. Supoño que seguen coas teses da navallada do lider espiritual que tampouco se queixou de que lle puxeran unha para chegar á casa