Feijóo resalta o papel de xornalismo, historia e política na entrega do 'Puro Cora', que recoñece a Ramón Villares

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na entrega do 'Premio Xornalístico Puro Cora', que nesta edición recoñece ao presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, a "tarefa común" de xornalismo, historia e política á hora de responder a unha serie de preguntas: "quen somos, de onde vimos e onde imos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2017 | Actualizada ás 19:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na entrega do 'Premio Xornalístico Puro Cora', que nesta edición recoñece ao presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, a "tarefa común" de xornalismo, historia e política á hora de responder a unha serie de preguntas: "quen somos, de onde vimos e onde imos".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega do Puro Cora
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega do Puro Cora | Fonte: Europa Press

"Temos o vínculo común de Galicia. A responsabilidade de contala, de proxectala no futuro mediante a historia e de tentar contribuír ao seu goberno", esgrimiu Feijóo, no acto de entrega deste premio que concede o Grupo El Progreso.

"Grazas aos medios de comunicación sabemos que non estamos sós, que somos seres sociais capaces de construír unha patria; e grazas á historia, sentimos peregrinos polo tempo, debedores do que fixeron os nosos pais e responsables da realidade que vivirán os nosos fillos", afirmou o presidente.

A iso engadiu que sen historiadores e sen xornalistas "o país carece do substrato imprescindible para ser algo vivo, e o gobernante goberna unha realidade informe".

Tras precisar que as verdades xornalísticas, históricas ou políticas son susceptibles de "matizacións, interpretacións e opinións", pero teñen "unha base certa que permite o debate", Feijóo incidiu na idea de que a política ten que sustentarse "nun país real para aproximalo ao país ideal".

"ACTOR FUNDAMENTAL"

Feijóo resaltou que "realismo e idealismo non están enfrontados", senón que ambos son "necesarios" na acción de goberno. "A nosa misión non é negar a realidade, senón tratar de transformala con maior consenso e a menor tensión social posible", afirmou, aseverando que, por fortuna, a Galicia actual "deixou atrás as políticas de todo ou nada".

O titular da Xunta concluíu a súa intervención referíndose ao organismo que preside o premiado, o historiador Ramón Villares, como "un actor fundamental que non soamente preserva, senón que tamén proxecta" o que os galegos "son e non queren deixar de ser".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta