Víctor Freixanes, elixido novo presidente da RAG nun pleno marcado pola ausencia dos críticos

Pide a colaboración do sector crítico e lémbralles que a súa "non é unha elección á Casa Branca". Di que a súa "obsesión" será implicar aos mozos no uso do galego.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/03/2017 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

O escritor e profesor Víctor Fernández Freixanes foi elixido novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O exdirector da Editorial Galaxia recibiu o apoio de 18 dos 19 académicos presentes nunha sesión plenaria marcada pola cita electoral, á que se presentou unha única candidatura.

Freixanes, presidente da RAG, compañado do pleno
Freixanes, presidente da RAG, compañado do pleno | Fonte: Europa Press

O equipo que acompañará a Freixanes contará con Henrique Monteagudo (secretario); Andrés Torres Queiruga (vicesecretario); Marilar Aleixandre (tesoureira) e Fina Casalderrey (bibliotecaria e responsable do Arquivo).

Na súa votación houbo 9 ausencias. Dos 28 académicos con dereito a voto, tres escusaron a súa presencia e outro seis ausentáronse pola súa discrepancia sobre o proceso electoral, ao entender que a candidatura de Freixanes afonda na "división" no seo da RAG. Estes seis académicos, entre os que está Manuel González, Axeitos ou Darío Xohán Cabana conforman o chamado sector crítico da Academia. Este grupo de académicos anunciou a súa intención a través dunha carta asinada por González.

Sobre esta protesta, Freixanes fixo un chamamento para que estes académicos se unan "ao esforzo" de facer que a Academia mire "ao futuro". "Porque o camiño o temos que facer xuntos", sentenciou. Así, insistiu na necesidade de traballar para crear "o maior clima de consenso". "Facer o cesto o máis sólido posible", destacou. A pesar diso, comprendeu a pervivencia de "posicións distintas" sobre a situación da institución académica e achacou as discrepancias como parte da "democracia".

"Fixen o máximo posible", asegurou recoñecendo que a situación non é a "ideal" no seo da institución. A pesar diso, apelou aos críticos a traballar "xuntos", tanto no seo da entidade, como coas demais institucións e "a sociedade civil". "Coñecémonos todos, non falamos de eleccións á Casa Branca", engadiu.

CHEGAR Á SOCIEDADE

Freixanes avanzou que será "continuista" respecto da xestión emprendida polo seu antecesor Xesús Alonso Montero, destacando o catro anos de "intenso traballo" que protagonizou o equipo saínte.

O obxectivo inmediato do novo equipo será traballar na celebración do Día das Letras Galegas. Con todo, Freixanes xa avanzou algunhas das súas propostas irán encamiñadas á promoción e uso do galego, "creando dinámicas novas para chegar á sociedade, aos mozos e ás familias".

O novo presidente apostou por crear "espazos de entendemento" para saber "explotar" a "vida" que teñen "a lingua e a literatura galega". Nesta meta, a súa "principal obsesión" será "implicar á xente nova".

Para lograr que o galego estea "máis activo", impulsaranse novas estratexias de comunicación para visualizar "a estima social" do idioma e do traballo que desenvolve a RAG, ademais da publicación dunha nova normativa sobre a gramática da institución académica.

Xunto a iso, fixou como obxectivo a atención ao galego no exterior e a captación de recursos para garantir a actividade da institución "os 365 días do ano". Freixanes tamén tivo palabras para encomiar o "traballo magnífico" do equipo saínte da Academia, lembrando que "esta corporación traballa gratis" e de forma desinteresada, garantindo que o novo equipo entregarase "en corpo e alma a esta institución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Laura

Vergoña dá esta xente que, dun xeito ou doutro, viven e cobran á conta da lingua...e nin responsábeis foron con ela. Maria Pilar García Negro, académica xa!

4 ixtlan

Parabéns ó novo Presidente da RAG e mailo seu equipo: cualidades, autoridade, experiencia e capacidade sóbralles. Agora é tempo de seguir traballando. Brúan, logo avanzamos...

3 Subgrupo subconfederal

Esperemos que non sexa tan nefasto como os dous últimos presidentes de AGE/Mareas que non fixeron máis que desprestixiar a institucion.

1 Infragrupo inexistente

Calquera cousa vos serve aos trolls do BnG para zouparlle ás Mareas. https://www.youtube.com/watch?v=KaV... O-B-S-E-S-I-O-N.

2 Balnearios de Tone

É que todo é sempre culpa do Bloque. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

3 Kollontai luguesa

A verdade é que todo resulta ben triste. Que non teñan sido capaces de presentar unha candidatura de consenso xa di moito coma vai ser o futuro desta RAG cada vez mái illada da cidadanía. Coma falante de galego e consumidora habitual de cultura galega expreso a miña protesta... Cando deixaredes entre políticos, hintelectuais, literatos e demais de avergonzarnos aos galegos coas vosas desavenencias e o voso afán de ocupar poltronas. Que triste e lamentable espectáculo! Os meus parabéns a quen non se prestaron a acudir a isto.

2 Bufffff

Es decir, quiere trincar una subvención con la que simular que pretenden evangelizar a la juventud con el gallego. En realidad se mantiene el chiringuito. Resultados, estoy seguro que nulos, aunque como siempre no harán memoria del fracaso. La acerada piqueta del progreso hace que se deje atrás al gallego por equivaler a atraso, ignorancia, Galicia profunda o nacionalismo empedernido que quien más quien menos cualquier chico sufrió a través de los profesores de gallego, iluminados, mitineros, doctrinarios, pedantones, radicaliños, etc. Si se une a lo anterior que dada la carencia absoluta de ciencia o técnica en gallego, que apenas tiene cultura escrita, que se toman préstamos lusitanizantes o la abunfancia de inventos para suplir las muy notables limitaciones en vocabulario, innovaciones que producen una lengua plastificada en la que sus hablantes naturales no se reconocen, cualquiera concluye que la meta es imposible, y por ello, simulada.

1 Galego enxebre

A linguaxe técnica é toda inventada e semellante en tódolos idiomas: Television, PC, radio (Inglés). Television, PC, radio (francés). Televisión, PC, radio (galego)... Os españolistas e os lusistas cada día tedes argumentos máis patéticos.

2 Montesío

Plastificado si que estás ti.

3 SMR

A única ameaza para o galego é a de persoas que din barbaridades como as que vostede pronuncia e alguén pode tomar por ignorancia. Sabe o que di e sabe que é falso. O único auténtico nas súas palabras é o odio visceral a unha lingua que non fala pero que tamén é súa.

4 Parvadas_españoleiras

Fáleme da ciencia e técnica escrita en castelán. Teño gañas de rirme un anaco. Sempre a soberbia agocha estupidez e inutilidade. A día de hoxe, señor Buf...f, non hai nada en 500 anos que sexa contribución en castelán á ciencia. Falemos de Torres Quevedo, Isaac Peral, Monturiol, De la Cierva etc., ou de Elhúyar e os inventores do chupa chup e a fregona se quere. O único aporte de España deuse en ...árabe. Mal pode desprezar unha lingua con eses argumentos que vostedes mesmos non teñen na súa lingua. E mire, ainda traducindo, son vostedes nefastos: moito mellor o Piskunov da Mir que a tradución ao castelán; moito mellor revisar os orixinais que calquera livro traducido ao castelán, donde se altera a historia trapalleiramente...Falemos diso, veña.

1 Gamela

Outra nova normativa sobre a gramática ???

1 Montesío

O galego só ten normativa oficial sobre a escrita, non hai normativa nin sobre a pronuncia nin sobre a gramática.

2 Gamela

entón que queren dicir con "ademais da publicación dunha nova normativa sobre a gramática da institución académica" ?