Luis Álvarez estima para xullo o congreso do PSdeG

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, revelou este mércores en Lugo que o congreso dos socialistas galegos previsiblemente celebrarase no mes de xullo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2017 | Actualizada ás 12:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, revelou este mércores en Lugo que o congreso dos socialistas galegos previsiblemente celebrarase no mes de xullo.

Así o manifestou tras ser interpelado sobre posibles cambios na xestora galega e afirmou coincidir co devandito polo portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, "de que cada día cobra menos sentido facer calquera tipo de renovación ou modificación".

"Os días pasan e as datas do congreso nacional e de Galicia cada día están máis próximos. Barruntamos que será no mes de xullo (o de Galicia)", apuntou.

Álvarez abundou en que "calquera modificación que se puidese facer, debería ser para ampliar esa xestora". "Se queren incluír distintas sensibilidades, que é o termo que se utiliza nese caso, que as inclúan pero non vexo necesidade, nestes momentos, de cambiar a xestora para nada", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta