(AV) Feijóo pide desbloquear o Campus do Mar para permitir o investimento de 8 millóns de varias administracións

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores que hai 8 millóns de euros para investir no Campus do Mar, cuxa execución depende só de que se desbloquee a operación de cesión por parte de Zona Franca, e convidou ao alcalde de Vigo (aínda que sen nomealo expresamente) a superar o "localismo" e substituílo por "cooperación".

VIGO | 29/03/2017 | Actualizada ás 14:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores que hai 8 millóns de euros para investir no Campus do Mar, cuxa execución depende só de que se desbloquee a operación de cesión por parte de Zona Franca, e convidou ao alcalde de Vigo (aínda que sen nomealo expresamente) a superar o "localismo" e substituílo por "cooperación".

Así o manifestou Nuñez Feijóo tras manter un encontro institucional co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e tras realizar un percorrido por varias das instalacións do campus vigués.

O presidente galego confirmou que este proxecto científico pode beneficiarse de 8 millóns de euros, dos cales 3 millóns serían fondos propios da Xunta de Galicia, outros 3 serían investimento de Zona Franca para rehabilitar os espazos da ETEA, e "como mínimo" 2 millóns máis procedentes de fondos europeos de cooperación transfronteiriza.

Segundo subliñou Feijóo, para que eses investimentos poidan executarse, é necesario un "desbloqueo previo" da cesión das instalacións, algo que só pode aprobarse nun pleno de Zona Franca. Así pois, o presidente da Xunta deixa a pelota no tellado de Abel Caballero, que preside o pleno do organismo estatal, convoca as sesións e decide as ordes do día.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta