A restauración de San Martiño Pinario protagoniza un debate no Consello da Cultura Galega

O undécimo encontro monográfico sobre patrimonio cultural que organiza o Consello da Cultura Galega analizará este xoves a restauración do campanario de San Martiño Pinario.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2017 | Actualizada ás 18:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O undécimo encontro monográfico sobre patrimonio cultural que organiza o Consello da Cultura Galega analizará este xoves a restauración do campanario de San Martiño Pinario.

Na xornada, que comezará ás 16,30 horas, falará Iago Seara, arquitecto responsable da restauración e reposición do pináculo da torre; Manuel Chaín, subdirector xeral de Conservación da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural; e Rebeca Blanco Rotea, investigadora da Universidade de Santiago centrada no estudo das construcións históricas.

O seguinte dos encontros monográficos será o 27 de abril e centrarase no castelo da Rocha Forte desde tres perspectivas: a actividade da Asociación Cultural Rocha Forte; a xestión da construción por parte do Concello de Santiago e a súa significación como xacemento arqueolóxico da Idade Media coa información das últimas intervencións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta