Temas: DIANA QUER

Pode estar Diana Quer nos Estados Unidos?

A nai da moza desaparecida na Pobra do Caramiñal cre que a súa filla pode estar neste país por "motivos persoais".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/03/2017 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A nai de Diana Quer, a moza desaparecida o pasado 22 de agosto na Coruña, cre agora que a súa filla podería estar en Estados Unidos por "motivos persoais" que prefire non facer públicos.

Pais de Diana Quer
Pais de Diana Quer | Fonte: Europa Press

Así o manifestou Diana López Piner nunha intervención telefónica no programa Espejo Público, onde sinalou que non a pode situar "en ningún sitio concreto". "Sei que desde que pasou pola ponte, o mundo ábrese. Non se se estará en España ou fóra. Buscarei ata o ultimo recuncho", subliñou, agregando que todas as liñas de investigación están abertas.

"A nena nun principio sempre tivo a idea e o desexo de estudar en Estados Unidos. Pareceume un sitio probable por motivos persoais que teño e non debo comentar", sinalou.

Ademais, destacou que a colaboración cidadá é fundamental, xa que ás veces pode pasar "o tempo ata que enlazas ideas". "A difusión é moi importante de face a que os cidadáns se impliquen. Fáiseme complicado pensar que a esas horas houbese alguén esperando para levar a unha nena", dixo.

Temas: DIANA QUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentres siga o culebrón outros morren ás portas do cuartel da Garda Civil de Baiona e nin siquera lles permitiron empregar os CANS para facer un rastrexo nin permitiron voar DRONS privados para a súa búsqueda, e aínda a data de hoxe nin siquera remataron as probas de ADN para que a familia poda siquera enterrar ao seu fillo MORTO !!! Esta é a política de búsca de desaparecidos tan democrática e IGUALITARIA que temos en Galicia !!! DELEGADO DO GOVERNO DEMISIÓN !!!