Localizan a un home accidentado en Noia tras avisar da súa localización cunha mensaxe de móbil

Un home accidentado este mércores nun sinistro de tráfico en Noia (A Coruña) foi localizado tras avisar da súa localización a través dunha mensaxe de móbil ao 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2017 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home accidentado este mércores nun sinistro de tráfico en Noia (A Coruña) foi localizado tras avisar da súa localización a través dunha mensaxe de móbil ao 112 Galicia.

O condutor resultou ferido sobre as 14,20 horas nun accidente ocorrido nun camiño de Nimo, na parroquia de Roo (Noia). Tras iso, o home chamou ao 112 e sinalou que descoñecía onde se atopaba.

Ante esta situación, recorreu a enviar a través do seu móbil unha localización de GPS ao servizo de emerxencias, o que permitiu situar a súa incidencia de forma precisa.

Foron avisados, entre outros, Urxencias Médicas, Bombeiros de Boiro, Grumir de Noia, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico. O ferido foi trasladado polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta