José Ángel Oreiro Romar toma posesión como secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia

José Ángel Oreiro Romar tomou posesión este mércores como secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, un cargo para o que foi nomeado no pleno da institución a pasada semana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2017 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

José Ángel Oreiro Romar tomou posesión este mércores como secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, un cargo para o que foi nomeado no pleno da institución a pasada semana.

Diso deu conta o propio organismo supervisor a través dun comunicado, no que indicou que Oreiro Romar é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en Dereito Autonómico e Tributario.

Quen xa asinou unha resolución en xaneiro deste ano na que exercía como secretario xeral en substitución é funcionario da escala de letrados do corpo superior da Xunta e letrado do Consello Consultivo desde 2015.

No pasado foi director de distintas áreas (Desenvolvemento Urbano Sustentable e Urbanismo e Infraestruturas) no Concello de Santiago e xerente de Urbanismo no Concello de Zamora.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta