O BNG pedirá derrogar a orde dos concertos con centros privados que segregan por sexos

Acusa á Xunta de “financiar con cartos públicos centros segregacionistas” que atentan contra principios de igualdade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A deputada do BNG, Olalla Rodil, considerou “inadmisible” a nova orde sobre o financiamento dos centros concertados da Xunta e reclamou que se retiren os criterios de igualdade na actual orde que figuraban na anterior convocatoria.

Colexio privado feminino
Colexio privado feminino

Trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella en comisión parlamentaria, Rodil suliñou que a Xunta, “non pode gabarse do primeiro plan  en igualdade en Educación” e  despois “suprimir os criterios de igualdade e aumentar  as unidades  “de centros segregacionistas” e   aumentar de catro a seis anos os fondos públicos.

Educación aprobaba o pasado venres o novo decretos de convenios cos centros concertados. As principal diferenza coa anterior orde radican na duración, que amplía a vixencia "mínima" dos concertos en Primaria de catro a seis anos. No novo decreto, outro dos puntos importantes que desaparece, é o da igualdade de xénero como criterio para a subvención e que se desenvolva o principio de coeducación en todas as etapas educativas.

Neste sentido, a deputada nacionalista recalcou que, en Galicia, “hai capacidade para manter un ensino público de calidade” e o que non ten sentido, dixo, é “financiar con cartos públicos centros segregacionistas”  que atentan contra principios de igualdade.

Rodil cualificou de “lamentable” que a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, eludira, “ata en dúas ocasións” responder sobre as preguntas formuladas polo BNG.

Por outra parte, a parlamentaria cualificou de “colmo do absurdo” que o concello de Vigo distinga cun premio a dous centros que segregan ao alumnado por razón de sexo polo que reclamou a retirada da devandita  distinción  aos centros que segregan a mulleres e homes e que atentan contra un principio fundamental do ser humano que é vivir en convivencia e o dereito a educación, “con independencia do sexo que teñamos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Non.á.segregación

Dunha banda o PP saca unhs lei de igualdade, na que mete millóns de euros, de chorradiñas cara a galería e pagamento de favores con empresas e publicidade oca e light na Voz, e doutra banda gasta pasta dos nosos impostos en colexios Opusianos que favorecen a continuación do machismo e elítismo en vea. Ben polo BNG!!! Que se sumen os e as mareados as!

1 LKI

A ver se o BeNeGá pide o mesmo nas deputacións e concellos nos que goberna. Sería un detalle.

1 Xonc

Qués dicir que o BNG financia a colexios do Opus? Por favor oh! Vai durmir. Por certo, que opina a Marea de que a candidata a acoller a Axencia Europea do Medicamento seca Cataluña e non Galicia. Vai haber algún comunicado ou iniciativa no Congreso dos Deputados? O PPSOE xa sabemos o que pensa, falta por saber a opinión de En Marea Podemos.

2 BnG? que é iso?

Aínda existe o BnG apéndice "rexional" do PsoE?

3 LKK

Si os colexios municipais e os colexios das deputacións que financia o BNG. Non como Beiras que se opera na privada.

4 Xonc

O BNG rexional apéndice do PSOE acabou cando marcharon Beiras, Quintana, Aymerich e todos os carguitos que chuparon sen dar pau no Bipartito. Marcharon e diluíronse co PSOE 2.0-Podemos e o Partido Comunista IU máis rancio da península

5 comunista independentista

E os que chuparon máis, pero dando pau, quedaron no Bloque ao acubillo da U. Así agora o Bloque ten militontos imputados na Carrumeiro, Pokemon, Campeón... Non pasa nada. España paga e o Bloque cala.

6 balbino

Veña dí os nomes dós que chuparon máis, auténtico comunista pederasta, quenes están imputados? veña revela as tuas fontes tipo okdiario e caerás nás mesmas contradicións de sempre, a realidade é a realidade, 0 acusados da frente nacionalista o que outros non poden dicir, traballo a destaxo dos seus cargos e militantes como queda demostrado(Alvia, Cerco, preferentes, emigrados retornados...) sempre que se puido evitouse gobernos da peste do PP ainda que supoña aliarse despóis das eleccións có menos malo do PPSOE (gracias a outros temos mariano para rato cando xa estaba soterrado, puxestes intereses electorais por diante do interés xeral e o sorpasso no saíu). Inda por riba cabedes nun trolebus e andades a piñas. Podemos e IU sempre vos estarán agradecidos por cederlle o espazo que era do nacionalismo. independentista? ti o que es é bobo.

7 Anxo_Sicilia

¡Non hai comparanza co Bloque!. Non hai a corrupción dos PPSOEIROS ainda que vos doa, e vos dedes de cabezadas ata esnaquizar o santo dos croques. O único que podedes amosar son rumores, os rumores que tanto vos gustan aos cotillas que vedes todolos días o GH e Sálvame, ou o OKdiario que falaba da esaxeración de pagar 127 euros aprox. por un convite para receber un premio en Nova Iorque...Porque, claro, o de Lores vos doe e arrabeades coma cans de que haixa tido tanto éxito, mentras os vosos non moven nin o rabo de inúteis que son.