Enxeñaría Sen Fronteiras busca empresas tecnolóxicas éticas que contribúan a mellorar a sociedade

A ONG presenta os resultados do seu estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/03/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A ONG para o desenvolvemento Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia (ESF-Galicia) presentou os resultados do seu estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico da provincia da Coruña no 1º Encontro de Economía do Ben Común, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, celebrado no Fórum Metropolitano da Coruña.

Presentación dos resultados do estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico
Presentación dos resultados do estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico | Fonte: ESF-Galicia.

Este estudo foi na procura de empresas con máis obxectivos que o beneficio económico: motivacións sociais, ambientais e preocupadas polo futuro da sociedade. Así mesmo, indagou na conciliación destes obxectivos coa viabilidade económica.

Observouse que o 42% das empresas participantes no estudo rexeitaran algún traballo que, sendo legal, xerase problemas éticos e que todas o farían no caso de atoparse na mesma situación. Tamén descubriron que o 70% das empresas consideran a transparencia unha ferramenta fundamental para mellorar o funcionamento empresarial.

A pesar disto, conclúese que as empresas do sector tecnolóxico seguen primando o beneficio empresarial, a seguridade no cobro ou liquidez e a certeza no cumprimento da legalidade vixente. Sen embargo, na súa xestión, existe unha viraxe cara outros procedementos máis innovadores que aposta polo traballo en equipo, a flexibilidade laboral, a creatividade e a transferencia de coñecemento interno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta