A Xunta quere facer do Bosque de Galicia o pulmón verde de Compostela

O Monte Gaiás, onde está a Cidade de Galicia, terá 10 hectáreas máis, 4.500 novas árbores e case seis quilómetros de sendeiros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A superficie verde creada nas ladeiras do Gaiás, na contorna da Cidade da Cultura e coñecida como Bosque de Galicia, será o "pulmón verde" de Santiago. Ou iso é o que quere a Xunta e o seu presidente.

Feijóo presentando o bosque de Galicia, da Cidade da Cultura, con outros cargos do seu goberno
Feijóo presentando o bosque de Galicia, da Cidade da Cultura, con outros cargos do seu goberno | Fonte: xunta.gal

Alberto Núñez Feijóo anunciaba este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que se incrementará o espazo verde do Monte Gaiás e que contará con 10 hectáreas máis e 4.500 novas árbores de especies autóctonas.

Na súa reunión semanal, o Executivo autonómico deu luz verde ao II Fase do Bosque de Gaiás, que contará cunha superficie total de 34 hectáreas e case 12.000 árbores. 

Deste xeito, o Goberno galego sinalou que o resultado será "unha ampla alfombra verde destinada ao lecer ao aire libre de todos os galegos" e que funcionará como "un pulmón ecolóxico cun impacto positivo sobre o metabolismo ambiental da cidade de Santiago".

A segunda fase prevé dous novos quilómetros de sendas, que se suman aos 3,2 xa construídos. Así, o Bosque contará con cinco quilómetros de senllas cun sistema de iluminación de baixo consumo que permitirá o seu uso en horario de pouca luz natural. Ademais, haberá áreas de descanso e unha terraza con vistas sobre Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Galiciano Compostelán

Pachi e Xosé, unha cousa é criticar o bombo propagandístico de Feijóo, e outra mentar aos eucaliptos nun espazo no que están ausentes.

2 Pachi Lucas

Que o enchan de eucaliptos para Ence Pontevedra

1 Xosé

Onde di "árbores" en realidade quere dicir Alcolitos 😂😂