GC Aberto

CxG en Vigo renova a súa executiva local

A asemblea da afiliación viguesa de Compromiso por Galicia renova elixe a Daniel Lago coma novo secretario local

Por ENGALIZA | GC ABERTO | 01/04/2017

Comparte esta noticia

Tras a recente celebración do seu II Congreso, e a elección do seu novo Secretario nacional, a asemblea da afiliación en Vigo de Compromiso por Galicia renova a súa Executiva elexindo a Daniel Lago Leiros como novo secretario local. Compromiso por Galicia continúa a renovación das súas Executivas locais tras a celebración no pasado mes de xaneiro do seu II Congreso nacional, onde a afiliación confirmou o camiño marcado dun galeguismo moderno, centrado e fondamente europeísta que logre acadar o máis amplo respaldo social e electoral. Na xuntanza da afiliación de Vigo acordouse renovar a súa Executiva local, e tras agradecer o traballo realizado pola anterior responsable local, Natalia Costas, a elección recaeu en Daniel Lago Leiros, licenciado en Ciencias políticas, e a pesar da súa xoven idade con ampla experiencia en actividades sociais e políticas.

Daniel Lago e os restantes membros da nova executiva local comprometéronse a traballar por dar a coñecer á sociedade viguesa o proxecto político de Compromiso por Galicia e establecer unha sólida base local da formación galeguista con vistas ás eleccións municipais de 2019. O novo Secrerario local de Compromiso por Galicia criticou na xuntanza da afiliación que en Vigo se estea a dar unha batalla partidista entre o PSOE de Abel Caballero e o PP de Alberto Nuñez Feijóo, que moitas veces se convirte nunha loita persoal de egos, e onde a cidade de Vigo sempre sae perdendo polas trabas que uns se están a poñer aos outros. Daniel Lago defende o sentido común da Política en maiúsculas e que sempre é positivo chegar a acordos polo ben da cidadanía e non comparte o posicionamento sempre negativo da Marea de Vigo en moitos dos proxectos de Cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Can de Palleiro

Este é o único proxecto que vai vertebrar a nosa Terra

1 Fernando Orero

El galleguismo serio. Pensé que desaparecían, estos comen grelos.