O PP vetará a Carmen Santos e insiste en que renuncie ao seu escano

Tellado ve á líder de Podemos Galicia e deputada de En Marea "indigna para o exercicio da política" e avanza que o seu partido non negociará con ela ningunha iniciativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2017 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, renuncie ao escano que ten como membro do Grupo de En Marea no Parlamento galego. En todo caso, "dimita ou non", advertiu que, para os populares, deixou de ser "unha interlocutora válida", polo que non negociarán con ela ningunha iniciativa. "Para nós está inhabilitada", aseverou.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Cremos que na vida e na política todo ten límites, e estamos a nos acostumar a que se excedan sen consecuencias", advertiu Tellado, en alusión á entrevista na Radio Galega da líder de Podemos Galicia, na que entende que non só non se desculpou polo tuit no que "afirmou que os populares asasinaban mulleres", senón que "insistiu" niso e, ademais, "atacou" ao xornalista.

"É indigna para o exercicio da política e desaparece para nós", proclamou o dirixente popular, nunha rolda de prensa na que cargou con dureza contra a dirixente de Podemos, e asegurou "entender" por que tamén "a metade da súa formación" en Galicia "quere que se vaia".

Así as cousas, Tellado manifestou que, a partir de agora, Santos "poderá votar e intervir" na Cámara, pero para os populares "deixa de ser unha representante do pobo de Galicia" en tanto optou "por declaracións extremistas no canto de por o mínimo respecto institucional". Así, participarán nos debates nos que ela estea presente, pero non poderá haber "acordos" coa súa formación, cando ela exerza de interlocutora.

Esta decisión chega, esgrimiu, despois de que o PPdeG tentase "crer na boa vontade de Santos" e lle dese "varias oportunidades de pedir desculpas" ou "simplemente de asumir que se trataba dun erro" (a contorna política da dirixente defendeu que faltaba unha coma no polémico tuit).

Carmen Santos, líder de Podemos en Galicia
Carmen Santos, líder de Podemos en Galicia | Fonte: Miguel Taboada

Con todo, ante a súa negativa e "persistencia" nunhas declaracións "miserables", os populares optan por unha resposta contundente, ao considerar que, "desde hoxe as mareas de podemos no Parlamento teñen unha deputada menos". Tellado alertou tamén da gravidade de utilizar "politicamente" a violencia machista.

"INTIMIDACIÓNS" DE PODEMOS

Na mesma intervención, afeou a actitude de Santos co xornalista que lle fixo a entrevista da Radio Galega. Ao seu xuízo, o seu "sectarismo" quedou "ratificado máis tarde nunha serie de mensaxes en redes sociais que confirman as prácticas do seu partido do acoso a xornalistas". "Cando as preguntas non gustan, atacan aos profesionais dos medios", advertiu.

Respecto diso, lembrou que "as intimidacións" de Podemos xa foron denunciadas pola Asociación da Prensa de Madrid e defendeu que "a política leva a obrigación de responder a todas as preguntas" que lles formulen os xornalistas.

"A POLÍTICA NON É LUGAR PARA A INFAMIA"

Por iso, reafirmouse en que "o máis honesto" é pedir que Carmen Santos deixe o seu escano e "alguén que mereza máis a función representativa dun pobo que sempre se distinguiu polo seu respecto, a súa educación e o seu sentido común" asuma a acta no seu lugar.

A súa postura, engadiu, non só responde "ao sentir" do PP, senón que lembrou que ningún membro de En Marea "a defendeu" despois do seu tuit. "Só o fixo illadamente" o deputado do BNG Luís Bará, dixo Tellado. Un paso que, concluíu, merece "unha reflexión" por parte da portavoz do BNG, Ana Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 gal

Esta señora e bastante autoritaria, maleducada e choni, pero o PP non é quen nin para pedir a dimisison nin para dar exemplo de nada

9 gal

Xa cansa a teima anti-bng de alguns trolls. que tera que ver a noticia que se esta a comentar co BNG, alguns tiñan que ir ao medico ou ao psicólogo para tratar as suas manias presecutoris

8 Montesío

Que perda de tempo!

7 farto de falsos

Dos popularras nada pode sorprendernos. O que chama poderosamente a atención é ver o silencio de moitos mareados. Algúns deles mesmo fan votos para que a campaña peposa acabe politicamente con #laputacojaesa

6 BnG cadeliños mansos do Pp

Como se pode ver, os trolls do BnG posicionánse co poder colonial español que nunca se puxo tan nervioso cunha UpG/BnG sipaia e mansiña. Vergoña tiñan que sentir que alguén tan pouco soberanista ou radical coma Santos reciba máis ira do Poder ca dócil Poltrona.