O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo

Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/04/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

EnMarea segue dando pasos para constituírse nun partido político que se asente no territorio galego, máis non parece estar sendo doado desde o seu esencialismo participativo, preferentemente esgrimido polas candidatruas cidadanistas da Marea Atlántica e Ourense en Común.

O Consello das Mareas antes de decidir se entraban ou non a xuntanza do propio Consello
O Consello das Mareas antes de decidir se entraban ou non a xuntanza do propio Consello | Fonte: tempos galegos

Neste bucle decisorio se atopa agora mesmo o partido liderado por Luís Villares que terá que decidir o vindeiro domingo se decide decidir algo na xuntanza da súa dirección, ou se ben, tal e como sucedeu na pasada xuntanza no mes de febreiro decidir que non se decida nada.

Por outra banda tamén se atopa enriba da mesa se Villares será o voceiro da formación, ou se pola contra será preciso decidir se se decide decidir un voceiro distinto do voceiro que a simpatizancia de EnMarea decidiu ter no Parlamento de Galiza.

Temas: EN MAREA HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta