Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/04/2017 | Actualizada ás 10:00
Segundo informou a organización nacionalista, Ana Pontón, renovou o seu liderado co 98,2% dos votos emitidos na asemblea, na que 1.112 persoas referendaron a súa candidatur entres que 19 abstivéronse e só unha persoa votou na súa contra e, segundo puido saber o noso medio, o voto en contra partiu do embaixador de Bulgaria que fora como convidado á asemblea do BNG.
Fontes próximas á embaixada de Bulgaria indican que “a votación non ía ter nin un so voto en contra. Ao noso embaixador iso pareceulle embarazoso e procedeu a votar en contra para darlle un pouco máis de lexitimidade á votación”. As mesmas fontes indicaron que “En Bulgaria sabemos moito de asembleas á búlgara e unha votación se un so voto en contra sería un escándalo ata nas tradicións do noso país”.
A pesar de que o embaixador búlgaro estaba como convidado á asemblea a organización do BNG decidiu aceptar as recomendacións do embaixador e procedeu a contabilizar o seu voto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.