Temas: FOTOGRAFíA

Un fotógrafo galego, Cámara de Ouro Europeo

Marcos Rodríguez xa é un Fotógrafo Europeo do Ano 2017 escollido pola FEP.

Por Galicia Confidencial | Cee | 03/04/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Hai pouco menos que 10 anos que comezaba a súa carreira fotográfica e Marcos Rodríguez xa é todo un referente internacional do mundo da fotografía en Galicia. Desde aqueles primeiros pasos no semanario “Acontecer” e no medio dixital Que Pasa na Costa, hoxe Marcos é un dos Fotógrafos Europeo do Ano 2017, escollido pola FEP (Federación Europea de Fotógrafos Profesionais).

A balea da Redonda foi unha das fotos que lle valeu para gañar a Cámara de Ouro Europea a Marcos Rodríguez
A balea da Redonda foi unha das fotos que lle valeu para gañar a Cámara de Ouro Europea a Marcos Rodríguez | Fonte: QPC

O fotógrafo carballés afincado en Cee, viaxou á cidade siciliana de Catania, onde ademais dalgún chaparrón, recibiu o premio da Cámara de Ouro na Categoría de Reportaxe, durante a Gala dos European Photographer of the Year Awards 2017.

Marcos, que o ano pasado xa fóra finalista cun 5º e un 9º posto conseguido en dúas categorías, este ano chegaba de novo como un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do ano. E volve á Costa da Morte cun gran premio.

Dúas das tres imaxes escollidas polo xurado son da Costa da Morte, concretamente, unha da rapas das bestas se Cedeira e as outras dúas dunha balea varada en Redonda, Corcubión.

Do medio colaborador QPC.

Temas: FOTOGRAFíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta