Temas: MINERíA

“Temos seixo azul, de moito valor, sábeno ben os noruegueses e os chineses”

Mesía Unida responde a oferta da Erimsa de renunciar ao dereito de expropiación. “Os gandeiros cren que o alcalde e a mineira os enganan”, aseguran. A polémica posible mina chega ao Parlamento Europeo.

Por M.V. | Ordes | 03/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A promesa de Erimsa de non expropiar as leiras para a súa mina de cuarzo en Xanceda-Mesía non convenceu a todos. Polo menos non a Mesía Unida, colectivo no que coordinan parte dos opositores locais a este novo proxecto mineiro na comarca de Ordes.

Reunión sobre a mina en Xanceda organizada por Erimsa
Reunión sobre a mina en Xanceda organizada por Erimsa

“A maioría dos gandeiros e afectados pensan que lles están tendendo unha trampa coa axuda e beneplácito do alcalde de Mesía, ao ofrecer que renunciarán á expropiación”  alertan dende a Asociación.

A Lei está de parte da industria. Se queren, poden forzar a expropiación. Ante a polémica que está a medrar, a empresa de capital chino e de Noruega comprometeuse a chegar acordos con cada veciño, abrindo a porta a pagar prezos maiores cos que se fixaría no procedemento expropiador. Unha oferta que os opositores cualifican de “artimaña”.

Por que din isto? Por que “calquera acordo contrario a lei é nulo de pleno dereito. Eles sábeno ben. Por iso o Sr. Alcalde apoiando a esta xente está a traizoar aos veciños e gandeiros, e colaborando nun enfrontamento veciñal cos traballadores de Erimsa, que usan como escudos”.

GC preguntou a Erimsa por este novo ataque público de Mesía Unida pero a mineira non contestou polo de agora.

Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa
Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa

Ademais da suposta  “ocultación de información” por parte do alcalde do PP para que ninguén poida presentar alegacións e presunta “trampa” coa oferta de renunciar ao dereito de expropiación, Mesía Unida advirte dunha nova circunstancia. 

“Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos seixo azul, algo de moito valor no mercado internacional, sábeno ben os noruegueses e os chineses, por iso queren explotalo a fondo” alertan. "Cada tonelada de esto, unha vez preparado e limpo esta sobre 11.400 euros tonelada. trailer de 25 toneladas sobre 285.000 euros" engaden.

Erimsa é unha filial no país da compañía Elkem AS de Noruega, integrada na multinacional china Blue Star. Di ter centros de producción en Begonte (Lugo), Frades (A Coruña), Castillo (Pontevedra) e Bóveda del Río Almar (Salamanca) e dar emprego directo a máis de 230 persoas.

A mineira presume de boas prácticas :“desde 1991 ten rexistrados máis de 600 documentos de devolución de leiras en terreos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso, onde os propietarios ratifican que llas devolveron en perfecto estado para continuar coa súa actividade anterior”. 

Para a posíbel nova macromina de Mesía, a compañía promete que “respectará as explotacións agrícolas e gandeiras e traballará exclusivamente en réxime de aluguer mediante acordos voluntarios cos propietarios permitindo aos titulares dos terreos facer pleno uso deles ata o momento no que se inicie o cribado”. 

A nivel político, a cuestión xa chegou ao Parlamento Europeo. Aló Lidia Senra (AGE en Europa) denuncia que os “8 postos de traballo temporais” que promete Erimsa para levar a cabo este proxecto non "compensan en absoluto" comparado coas “6.721 hectáreas afectadas de terreos agrarios”.

Senra é a ex-líder do Sindicato Labrego Galego. Esta central , segundo informa Campo Galego, convoca o martes unha reunión informativa para dar conta das datas e lugares nos que se van a facilitar aos veciños e veciñas a presentación de alegacións ao proxecto mineiro. 

Erimsa convocou a semana pasada a súa propia reunión, onde anunciou por sorpresa o anuncio da renuncia ao dereito de explotación.

Os dous bandos, opositores e multinacional, están xogando as súas bazas para gañarse o apoio da poboación local. Como sucedera no caso da mina de ouro de Corcoesto, a mobilización social en contra da minería xogará un papel importante no futuro do proxecto. Polo de agora, as espadas seguen no aire.

Seixo Azul en Antequera
Seixo Azul en Antequera | Fonte: mindat.org
Temas: MINERíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta