A CORUÑA | 03/04/2017 | Actualizada ás 12:34 por EUROPA PRESS
A artista Noa Lur actuará esta semana en Lugo e Santiago de Compostela dentro do ciclo 1906, segundo informa a organización. En concreto, ofrecerá un concerto o día 7 en Lugo, en Calvicémbalo, e ao día seguinte, en Santiago, na sala Dado Dada.
De Ainhoa Vidaurreta, Noa Lur de nome artístico, a organización destaca os seus inicios no jazz aos 13 anos e a súa "bonita e poderosa voz, que bebe da tradición do jazz vocal".
Por outra banda, remarca que os arranxos do pianista Moisés Sánchez en 'Troublemaker' "arroupan á perfección o arroxo da cantante para conseguir as metas que se propón".
O disco conta, ademais, con colaboracións de Christian Scott ou o saxofonista Antonio Lizana. A organización lembra tamén que Bobby McFerrin, 10 veces gañador do Grammy, escolleuna para que abrise o seu último concerto en Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.