Cando os británicos puñan aos galegos como exemplo de valor e carraxe

“Españois, imitade aos inimitables galegos”, dicía o duque de Wellington tras ser os galegos os primeiros en liberarse do xugo napoleónico con Vigo como primeira cidade liberada de Europa.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/04/2017 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Vigo celebra estes días a súa Festa da Reconquista, un evento que lembra a liberación da cidade das tropas napoleónicas en 1809 e que marcou un antes e un despois da invasión francesa porque Vigo foi a primeira cidade liberada do xugo napoleónico en toda Europa.

Recreación na Festa da Reconquista en Vigo, entre veciños e tropas napoléonicas
Recreación na Festa da Reconquista en Vigo, entre veciños e tropas napoléonicas | Fonte: turismoriasbaixas.org

Unha liberación a que lle seguiron as cidades de Baiona e Tui e logo do resto de Galicia tras a gran batalla de Pontesampaio. Por iso, non é de estrañar que todo un gran estratéga militar da época, o duque do Wellington, dixera aquilo de: “Españois, imitade aos inimitables galegos”, polo seu valor e a súa carraxe. 

O coronel Navas Ramírez-Cruzado no seu libro 'Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón', desmitifica  esa idea da falta de autoestima dos galegos. Máis no xornal colaborador Historia de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 Gamela

en Vigo precisamos un novo Carolo que derrube as portas do Concello !!! https://flic.kr/p/S6D5gK

2 Benchosei

Por unha vez que os galegos e os españois en xeral, podían facer o que se lles daba mellor, quedar quietiños, van é expulsan a quen lles deixaba os valores da ilustración e os principios democráticos da revolución francesa, basados nun Estado laico onde se elimina o absulutismo monárquico, recoñecense os dereitos do home e do cidadán, a soberanía residirá no pobo no seu conxunto e non na figura dun monarca. Así berraban os madrileños cheos de xubilo cando devolveron a Fernando VII ao trono, concedéndolle tódolos poderes e devolvendo a España a Idade Media, cando Europa Ocidental xa entraran facía tempo na modernidade: "Muera la libertad y vivan las cadenas, viva el rey absoluto y vivan las cadenas!!!"

1 Kollontai luguesa

Que si ho si. O teu empedarorciño corso bonaparte foi un precursor de levar a "liberdade"a baionetazos coms Goya pintou. Eran uns invasores humanitarios. As tuas simplificacions burdas obvian que foron moitos os liberais que se lle opuxeron e que opoñerse aos invasores non implicaba sempre apoiar o absolutismo. Le a historiadores non artigos de escritores de bestsellers.

2 Benchosei

Se non foras tan sectaria e te pararas un pouquiño a ler ao mellor sacarías algo en claro, difícil no teu caso. Non fun eu quen defendeu o imperialismo napoleónico... Por riba, permiteste definir a miña explicación como simplificación burda, cando foron os idearios revolucionarios franceses quen moveron aos liberais españois e dos que bebeu a Constitución de Cadiz, quitando claro está o do Estado laico. Foi precisamente o papel da Igrexia católica en defensa dos seus propios intereses os que lograron sublevar a un pobo absolutamente analfabeto en contra do invasor. Ti cres, que na historia da humanidade, as liberdades e os dereitos das persoas se conseguiron a base de caricias. Pobriña, es más ignorante do que aparentabas. Goya, retratou os horrores da guerra, do ser humano en xeral, era un afrancesado e morreu no exilio en Francia. Estás nunha división que che ven algo grande.

3 nostrus

Esto demuestra que los gallegos no tenemos ningun complejo por ser españoles y que cuando tenemos que dar el callo por el bien social se puede contar con nosotros, excepto algun que otro nacionalista empedernido, pero no todos porque estoy seguro de que si algun dia estuvieramos en peligro tambien podriamos contar con muchos de ellos. Galicia es una gran region, incluso a pesar de algunos renegados que todos los dias nos dan la murga.

4 teutonio

Que si nostrus, que os paisanos galegos, analfabetos, que nin oíran falar da identidade española loitaron pola nación española (cousa que aínda nin existía) e polo que nos "une", non porque existía un invasor que rompía a orde social ou unhas forzas portuguesas e británicas que apoiaban os alzamentos. E logo son os outros os nacionalistas, os que se inventan a historia e pretenden moldear a realidade...

5 Non_mintas

Benchosei, as cousas non son como as pintas. O exército de Napoleón expropiou ata a miseria a moitos galegos e, cando resistían, eran pasados polas armas. Era o seu método intencionado de facer as cousas. Os galegos, pola súa banda, á penas se moveron cando a chegada de Soult a Coruña, sendo descalificados e insultados dende Cádiz e Inglaterra. Así que non se loitou aquí por Fernando VII nin Espanha, senon por carraxe e necesidade. Que o fixeron mellor ca o resto de Espanha non quita que fora por esas dúas cousas , nin que vos proa aos arrastrados que servides intereses de auto odio dende o goberno central. E xa en xeral ...hai un erro na cita de Wellesley: foi dito na Batalla de San Marcial, preto de San Sebastián, do exército de Galicia que comandaba Freire.

6 Benchosei

Poida que haxa un virus que disminúa a comprensión lectora, o tempo anda revolto. Como pinto as cousas? Dixen eu que as tropas francesas non cometerán atropelos contra a poboación? Coñeces algún conflicto bélico onde non se cometerán actos violentos intencionados? Qué ten que ver que os españois desprezaran aos galegos, por moi liberales que estes foran, con què a Constitución de Cádiz non tería existido se non fora pola ilustración e pola revolución francesa? Mira meu home, a carraxe e a necesidade como ti lle chamas, dende as loitas irmandiñas, os galegos facía séculos que se desprenderán delas, . O que quedou, foi un pobo mangoneado por unha élite anacrónica e moito máis violenta caos franchutes. Unha élite que tiña moi claro que a súa supervivencia pasaba pola derrota dos franceses, resptablecer de novo a sociedade estamental medieval, onde o pobo seguíra sendo servo e analfabeto e non cidadans ilustrados. Gústache mellor así?

7 Non_mintas

Mira, benchosei. Non sei de dónde caiches, pero se lés un pouquiño verás que os mesmos franceses disculpaban a reación dos galegos. Ti mesturas o que dixeron os madrileños co que fixeron os galegos, e non é a mesma cousa. En Galiza non houbo reación ningunha cando entraron os franceses e por elo nos criticaron; logo, non sei de dónde sacas que se pelexou por manter o Statu Quo e demáis parvadas que dis. Tamén parece que non sabes que, aos galegos, DENDE MADRID, se lles pedía sumisión ao francés, incluso dende a IGREXA, logo é FALSO que traballaran por manter o réxime cando se alzaron. Aquí se loitaba pola fame, a ruina, o caos. Iso o dixo Soult, non eu. Pides moito ideal cando hai fame. Tiveron o que buscaron, a pesares de queimar vivos a moitos galegos, das ameazas, do que decían dende Madrid, da traizón dos mandos espanhois en Galiza, foron os nosos paisanos os que souberon librarse...¡a rañala!

8 Benchosei

Manda chover na Habana, ao final vai resultar que a Igrexia católica é a nobreza, ignorantes e supersticiosas ata as cachas, eran uns ilustrados revolucionarios que se uniron aos franceses. Primeiro dis que os galegos non fixeron nada cando entraron as tropas napoleónicas en Galicia, ("por eso nos criticaron") e despois dis que dende Madrid pedíronlle aos galegos que se someterán aos franceses. A ver se te aclaras un pouquiño, ou arre ou xo!! Claro que a nobreza e a Igrexia católica, quen tiña a posiblidade de adoctrianar e intoxicar a unha poboación totalmente analfabeta, tanto aquí como en Madrid, estaban moi interesados en manter o seu Statu Quo e conservar a cabeza sobre o pescozo. Polo que comentas, creo que descoñeces o pacto que acordaron Carlos IV e Godoy cos franceses. Ou é qué pensas que a finais do s. XVIII e comezo do XIX Galicia era independente de Madrid?

9 Non_mintas

Benquetardas, digo, benchosei. Ti non lés ben ¿non si? Dixen e digo que dende Madrid se pedía á xente que admitira o novo "statu quo" e que a Igrexa daba instrucións a Músquiz para que favorecera ao francés...¿Hai algo que non che cadre?. Se facía iso porque o goberno central e a igrexa SEMPRE foron uns arrastrados e se temía a reación da xente mentras en Madrid puñan o cu facendo reverencias. Tampouco a xente reacionou nun principio á chegada de Soult ( de feito un coronel británico se laiaba de que os galegos non tomaran partido), non sendo os señoritos coruñeses que logo calaron e non fixeron nada; a reación escomezou cando empezaron a expropiar e maltratar á xente os soldados do invasor. Ti debes pensar que a xente é parva: ¿recibiron algo dos reis de España agás miseria e impostos?¿ Por qué crés ti que o ían defender entón? O da independencia cho dirán os mesmos franceses...se te molestas en lelos...

1 gayegos espanhois

Agora somos exemplo de sipaios

1 Kollontai luguesa

Seralo ti e os e as aspirantes a novos Xans das Bolas. O resto non.

2 José

Kollontai, ti nen co telescopio Hubble serías capaz de encontrar un sipaio na nosa terra

3 Kollontai luguesa

Home para iso estas ti e os teus afans inquisitoriais. Eu nin estou nin estarei con minifundistss ideoloxicos. O odio curase. Animo. Non se e feliz odiando tanto.