A USC será a capital internacional do catalán durante unha semana

A Facultade de Filoloxía acolle o quinto Encontro Internacional de Profesores e Estudantes de Catalán no Exterior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/04/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Estudantes e profesores de catalán de universidades de todo o mundo daranse cita esta semana na USC para celebrar o seu quinto encontro internacional. Esta actividade ten o obxectivo de promover o intercambio presencial entre docentes e estudantes de lingua, literatura e cultura catalás da Rede de Universidades Ramon Llull, formada por máis de 150 universidades e da que forma parte a compostelá.

Representación de algunhas das organizacións asinantes iniciais do manifesto Galiza con Catalunya
Representación de algunhas das organizacións asinantes iniciais do manifesto Galiza con Catalunya | Fonte: mardelumes.org

A cita comezará este martes 4 ás 16.30 horas na Facultade de Filoloxía cun acto inaugural ao que lle seguirá unha mesa redonda sobre normalización cos directores de política lingüística dos territorios de lingua catalá (Generalitat de Catalunya, Govern Balear e Comunitat Valenciana).

A Área de Filoloxía Catalá da USC, integrada dentro do Departamento de Filoloxía Galega, propuxo organizar este 5º TIPECE, sendo a primeira vez que ten lugar na Península Ibérica (as anteriores edicións foron en Hungría, Rusia, Alemañana e Italia).

“Tendo o eixe do Camiño  como contacto e diálogo entre culturas, os participantes terán a oportunidade tanto de intercambiar experiencias e coñecementos sobre a cultura catalá como de coñecer e de facer unha inmersión directa na cultura galega”, apuntan desde a USC. O programa prevé actividades académicas (conferencias, talleres e mesas redondas) e lúdico culturais (visitas pola cidade e o entorno, excursións, exposicións, etc.).

Haberá ademais unha exposición na Biblioteca da Facultade de Filoloxía con obras de autores galegos traducidos ao catalán, cedidos polos propios escritores, iniciativa que partiu e contou coa axuda de Suso de Toro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 eue

Se es mais inxel nao nasces

1 Nexus 6

jo der, los gallegos ya tenemos bastante con lo de la Anormalización da Língua Jalleja como para que vengan aquí los catalanes a meter el hocico.

1 BoberasFuera

acomplejadoooo, más que acomplejaadoooo!!!

2 Nexus 6

A ver Boberas, haz honor al nombre con el que escribes y explícame eso de los complejos. Te aseguro que pondré todo mi esfuerzo en comprender tu razonamiento y hasta es posible que llegue a entender lo que dices. Anda porfa...Si lo haces, prometo que te contaré una cosita.