A revista Nature ve no ‘Brexit’ unha oportunidade para que o galego sexa lingua oficial da UE

GC xa publicou un estudo sobre as portas que se lle abren á nosa lingua nas institucións europeas coa saída de Reino Unido da Unión Europea. Agora, un editorial dunha das revistas científicas máis importantes do mundo coincide en que o galego ten unha oportunidade para ser incluído na lista de idiomas oficiais da UE.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 04/04/2017 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

GC publicou hai dous meses un estudo que contempla a inclusión do galego na lista de idiomas oficiais da Unión Europea. Unha oportunidade para potenciar a nosa lingua que chegaría coa saída efectiva do Reino Unido da UE, unha vez se complete o chamado Brexit (o proceso de desconexión británico). Agora é a revista Nature —a máis prestixiosa das publicacións científicas no mundo, xunto con Science— a que apunta á posibilidade de que o galego sexa recoñecido como lngua oficial das institucións europeas.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O tema non é menor. De feito, Nature lévao ao seu editorial deste luns 3 de abril. Titulado 'Europe must find a new home for its drug regulator — and a way to keep using English', os editores da revista científica apuntan ao mesmo estudo publicado por GC para poñer o foco sobre a oportunidade que se lle abre á lingua galega co Brexit. No subtítulo, xa apuntan: "O Brexit está obrigando ás axencias a reubicar as súas oficinas centrais e aos Estados membros, a repensar a elección do idioma".

Segundo o estudo asinado por investigadores da Université Libre de Bruxelas, a Universidad Pablo de Olavide de Sevilla e a Southern Methodist University e New Economic School de Moscú, a clave téñena Irlanda e Malta, países onde o inglés é lingua cooficial pero que elixiron o gaélico e o maltés como idioma oficial na UE porque a lingua inglesa xa estaba representada grazas a Reino Unido. Agora, coa saída británica, o inglés xa non terá representación na UE e debería deixar de ser lingua oficial, xa que só Londres solicitou legalmente o seu recoñecemento. Pero se Irlanda e Malta decidisen defender a oficialidade do inglés, outras linguas cooficiais noutros Estados, como o galego, o éuscaro e o catalán, poderían reivindicar tamén a oficialidade que até o de agora se lles negou na Administración europea.

Como lembra Nature no seu editorial, "con arranxo ás normas da UE, cada Estado membro só pode introducir unha das súas linguas nacionais recoñecidas no sistema da UE. Isto garante, por exemplo, traducións de documentos e decisións".

"Varios funcionarios da UE xa deixaron claro que non se permitirá saír a lingua inglesa da UE xunto cos seus principais oradores no continente", apunta Nature no seu editorial, no que predí un "posible caos" administrativo se, "por exemplo, se espera que a Axencia Europea do Medicamento, de fala inglesa, traballe con documentos en todos os idiomas agás o inglés". Hai que lembrar que esta axencia europea se atopa actualmente en Londres, cidade que deberá abandonar para ser reubicada noutro Estado membro.

Así as cousas, Nature considera que "o mecanismo político para asegurar un futuro para o inglés" na UE "é discutido e pouco claro".

CATRO VÍAS

A revista recupera neste punto o artigo 'Ranking Languages in the European Union: Before and After Brexit' —asinado por Victor Ginsburgh, Juan D. Moreno Ternero e Shlomo Weber—, que vén de ser publicado no European Economic Review e que foi recollido antes por GC. Segundo este documento, lembra Nature, "existen tres vías posibles".

"A primeira é que o Consello Europeo vote para manter o inglés, mesmo sen un nomeamento oficial dun Estado membro. Isto requiriría a aprobación de Alemaña e Francia, e este último, especialmente, podería estar especialmente pouco disposto a ofrecelo. Moitos estudosos franceses seguen sendo intelixentes ante o aumento do dominio inglesés nos eidos intelectuais", recolle Nature..

"Outra opción é o permiso especial para que Irlanda ou Malta designen un segundo idioma oficial. Pero iso aumentaría a presión doutros países e rexións para que tamén se aceptasen linguas adicionais", incluída Galicia. É neste punto onde Nature abre ás portas á lingua galega, seguindo as hipóteses de Ginsburgh, Moreno e Weber: "Máis de tres millóns de persoas en España falan galego, e máis de seis millóns falan catalán, máis que as de Irlanda e Malta xuntas", argúen os editores de Nature para xustificar a inclusión da nosa lingua na lista de idiomas oficiais da UE.

Con todo, "a solución máis sinxela podería ser simplemente pedir a Irlanda ou Malta que elixan o inglés como lingua oficial", pero como ben apuntan os editores de Nature, os seus respectivos gobernos poderían enfrontarse a unha gran oposición dos seus cidadáns, que defenderían a presenza do maltés e do gaélico.

Porén, Nature abre outra hipótese, unha cuarta vía: a UE podería ofrecer a un destes dous países a sede da Axencia Europea do Medicamento a cambio de optar polo idioma inglés. Un intercambio de cromos que podería pechar a porta ao galego se non hai unha reacción dende o Goberno español e a Xunta.

En 2005, a UE aprobou que o catalán, o galego e o éuscaro se poidan utilizar no Parlamento Europeo, o Comité das Rexións e no Consello de Ministros europeo, pero rexeitou a aspiración do Goberno español de lograr que eses idiomas obtivesen o estatuto de linguas oficiais europeas. A resolución comunitaria tamén permitiu que os cidadáns de Galicia, Cataluña e Euskadi poidan dirixirse nas tres linguas cooficiais en España ás institucións europeas e obter a resposta no mesmo idioma. O acordo foi adoptado polo Consello de Ministros de Asuntos Xerais da UE en Luxemburgo. Porén, a aspiración última é que a lingua galega pase a formar parte da lista de idiomas oficiais da UE. Malta e Irlanda teñen a chave.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

9 Victor do Ribeiro

El artículo no hay por donde cogerlo. Para empezar es dudoso que la Unión Europea aguante la salida del Reino Unido, junto con otros estados que previsiblemente realizarán el mismo camino durante los próximo años. Para seguir, es un disparate seguir colocando lenguas oficiales en la Unión Europea. Ya son 24, y el continente no será mejor porque se multiplique esa cifra por 3. Sería un gran negocio para los funcionarios traductores y burócratas de Bruselas, amén de los chiringuitos lingüisticos de cada región, pero de seguir por ahí sólo aumentarán el euroescepticismo. Por último, el inglés seguirá siendo idioma oficial de la Unión Europea, sí o sí, porque hoy en día es el mejor idioma de comunicación que hay en el mundo.

1 teutonio

Que outros estados seguirán o mesmo camiño?, o único problema serio é unha moi improbable vitoria de Lepen ou un máis posible triunfo do Movimento 5 Stelle, aínda que este partido xa está moi domado. Porque é un disparate "seguir colocando" linguas oficiais na UE?, trátase dunha organización internacional que pretende representar aos seus pobos e defender como principios a democracia ou os Dereitos Humanos, deí que o maltés con 500mil falantes teña o mesmo rango que o polaco con 38 millóns. O euroescepticismo aumenta facendo a Unión máis representativa?, vai supoñer unha gran diferencia orzamentaria que se contraten un par de ducias de tradutores e interpretes máis?

2 Victor do Ribeiro

Vamos a ver rapaz. Tirando por lo bajo en los estados miembros de la Unión Europea hay alrededor de 80 lenguas o dialectos considerados como tales, lo cua. Es imposible que una organización funcione con un caos lingüistico semejante, que supondría crear una cuadrilla de cientos o miles de traductores. En la ONU que es un engendro de corrupción, hay 6 lenguas oficiales. Y bastan para que todo el mundo se entienda. Por cierto tu comparación entre el polaco y el maltés puede hacerse entre el español y el gallego.

3 teutonio

Vamos a ver rapaz, poucas linguas oficiais hai nos estados membros da UE co mesmo status que o galego, catalán e vasco, quitando o galés (aínda que xa non conta), ou o frisio. Outras linguas (friuliano, sardo, kashubio ou sorbio) teñen un certo recoñecemento e protección pero están lonxe do status de oficialidade acadado polas linguas peninsulares. A dia de hoxe non existe o problema que comentas. Comparar a ONU coa UE é de ignorantiños, a ONU non ten un Parlamento que representa aos cidadáns e que por tanto debería permitir o uso das súas linguas, non ten as competencias lexislativas e executivas da UE ou non está formada soamente por democracias liberais e non ten como criterio básico pra súa pertenza o respecto aos dereitos humanos e a democracia. Tamén é de ignorantiños non saber que as linguas de traballo da Comisión Europea (o executivo) e das súas axencias, boa parte dos programas de financiamento, etc. son o inglés, francés e alemán.

4 Españolistas dades noxo

Tes razón, xa estamos tardando en clausurar o Instituto Cervantes, esa covacha de impositores dunha lingua rexional da europa que aínda por riba gozan do priviliexio de ter todos os documentos da UE no seu dialectallo do latín. Todo en inglés.

8 Españolistas dades noxo

Igualdade de dereitos entre castelanfalantes e galegofalantes? Non lle interesa ao estado español, para terminar connosco só precisa unha cousa: a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social. No fondo é obvia a intención: Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

7 nostrus

Pregunta para nacionaticos empedernidos con o sin estudios basicos: ..... entre un utilitario e un Mercedes de alta gama ¿quen ten mais direitos? Resposta A: o Mercedes por pagar mais imposto de circulacion. Resposta B: os dosus teñen os mesmos direitos. Resposta C: os coches non teñen direitos, téñonos os seus conductores, pero sin importar o coche que leven.

1 Españolistas dades noxo

Xa me gustaría saber que ten que ver o que preguntas co que se di acima...

6 eue

O galego ja é oficial na UE na sua versión internacional o portugués, Camilo Nogueira ou Lidia Senra sempre falaron galego no parlamento europeu e todos os tradutores de portugués reconhecian a sua fala como portuguesa e traduciana as demais linguas oficiais sen problema ningún. Para mim e muito mais importante que os galegos tenhamos os mesmos direitos que os falantes de español na Galiza

1 uPq9

O portugués está ben no terceiro mundo, en Galicia falamos galego. Temos outro nivel.

5 roirosal

Iso de que 3 millóns de persoas falan non hai quen so crea. Galicia ten 2 732 347 habitantes, por moito emigrado que haxa, non hai tantos galegofalantes. Joder é que di que hai 6 millóns de catalánsfalantes é Cataluña xa ten 7 522 596 habitantes, pero aínda falta sumar os da Comunidade Valencia, Baleares e Andorra!!

1 roirosal

E con esta noticia queda confirmada a miña tese «Os galegofalantes deixan por primeira vez de ser a maioría da poboación en Galicia» http://www.elcorreogallego.es/galic...