Rosa Cedrón, pregoeira de luxo para Sober

Tras un mes de intensa actividade cultural a monfortina será a protagonista da XXXVII Feira do Viño de Amandi.

Por GC Tendencias | Sober | 04/04/2017 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Concello de Sober vive con especial interese a chegada da Feira do Viño de Amandi e tan é así que dedica un mes enteiro a organizar actividades de gran interese cultural e divulgativo.  Este ano por exemplo, no Centro Sociocultural da vila houbo un concerto de piano a cargo da malagueña Esperanza Martín López, unha Xornada de Maridaxe de Viño de Amandi con castañas de Galicia, a presentación da Asociación de Apicultores da Ribeira Sacra ou unha xornada divulgativa baixo o título de “A imaxe dos viños” a cargo de Humberto Loureiro na que se destacou a importancia do deseño, normativa e tendencias na etiquetaxe dos viños.

Talla con motoserra
Talla con motoserra | Fonte: Foto: Luís Guitián

Pero dúas das actividades están a chamar especialmente a atención, unha “cata comentada de viños para mulleres embarazadas” celebrada o 25 de marzo e o “concurso de talla con motoserra” que se está a realizar na Praza do Concello entre o 1 e o 7 de abril. As pezas que se elaboren polos concursantes formarán parte do mobiliario da Feira do Viño e posteriormente decorarán os edificios públicos de Sober.

A pregoeira será Rosa Cedrón, recoñecida cantante e intérprete de Monforte de Lemos, que ofrecerá un concerto o sábado día 8 ás 22.30 h. e que se dirixirá ao público o domingo 9 ás 13.00 h. no escenario habilitado ao efecto diante do Concello

Rosa Cedrón
Rosa Cedrón | Fonte: Ilustración: Xosé Manuel Fdez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Aberración

Hai q ter valor e un cerebro baleiro para facer unha cata para mulleres embarazadas, e as que foron, que algunha foi, tamén. Non sei se trousaron ou se foron por prescrición médica. Vergonza da q se incite as embarazadas a beber viño¡ O próximo ano que argallarán ?; medo da pensalo.