Ecoloxistas encherán o Obradoiro de eucaliptos para denunciar a súa proliferación

Máis de 30 colectivos realizarán unha acción de protesta esta fin de semana co obxectivo de denunciar o impacto que esta especie invasora está tendo nos montes do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/04/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O colectivo Cousa de Raíces e a Asemblea contra a Eucaliptización de Compostela, que reúnen a máis de 30 colectivos diferentes, realizarán este 22 de abril unha acción protesta coincidindo co Día da Terra. O seu obxectivo é encher simbólicamente a Praza do Obradoiro de Santiago con eucaliptos para denunciar o impacto que esta especie invasora ten en Galicia.

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega

 

Nesta concentración realizarase unha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. "Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas", apuntan os impulsores nun comunicado.

 

Neste acto tamén se denunciará a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio. Verdegaia, Erva e Adega son algúns dos grupos ecoloxistas que secundarán a protesta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 tin

non so son ecoloxistas os da protesta tamen hai asocións culturais como o colectivo a rula, gentalha do pichel, sidicatos agrarios como slg, ....

1 Arturo

Antes había una especie de " consenso " en que o eucalipto non se prantase no interior do país. A mariña luguesa e a zona de Cedeira - Ortigueira era ( e segue sendo) un eucaliptal, pero no resto non era así. Agora o maldito eucalipto está extendéndose ( mais ben o están prantando ) por todas partes. Compre delimitar zonas nas que se prohíba a sua plantación, porque é o único xeito de páralo.