“Sen Galicia Bilingüe, a Xunta de Feijóo estaría a monte”

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe (GB), quen fora coprotagonista do debate na era do bipartito, suscita hoxe menos titulares e tamén hai menos políticos facéndolle as beiras. Nesta entrevista con GC, con todo, defende os resultados da súa labor de “lobby”. A profesora e activista lanza críticas a varias institucións de promoción da lingua: a Real Academia, a Mesa pola Normalización, a propia Xunta... Defende, iso si, que a TVG sexa en galego, pero reclámalle máis flexibilidade. Na súa opinión, “o normal é que un medio publique na lingua, ou linguas, que prefiran os lectores”. As especulacións sobre o seu salto á política é outro dos puntos desta conversa.

Por Manuel Vilas | Vigo | 07/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O editor e profesor Víctor Freixanes acaba de ser elixido presidente da Real Academia Galega (RAG). Que valoración suscita a súa figura?

Máis que valoralo preferiría facerlle algunha petición, como por exemplo, que a normativización non afaste tanto a lingua dos usos da xente que a conserva, dos que a transmiten.

Tamén que se coidasen máis os contidos do currículo de Lingua e Literatura Galega nos institutos. Non pode estár nun lugar de honra calqueira que publique algo. É normal que nunha comunidade pequena como a nosa non haxa máis grandes literatos, e bastantes temos de altura. Ao meu entender, habería que adicarlle máis tempo á lingua ou a lectura dos grandes. Os rapaces decátanse que están a estudar autores menores, e iso fai que se perdan rigor e credibilidade.

E para rematar, gustaríame suxerirlle ao novo presidente, que a RAG non adicase fondos a tentar quitarlles dereitos lingüísticos aos estudantes hispanofalantes no colexio para que só os nenos galegofalantes poidan estudar na súa lingua pero, polo visto, así é como interpretan os presidentes da RAG a defensa dos dereitos do idioma galego que está nos estatutos da institución; algo que, por outra banda é bastante ridículo, xa que como cualquera persoa cun pouco de sentido sabe, as linguas non teñen dereitos. Gustaríame que tivésemos unha academia que se adicara a fixar e dar esplendor, o que me leva de novo á primeira petición. Por pedir que non quede.

Gloria Lago.
Gloria Lago.

No PPdeG ninguén fala xa de que sexan os pais os que escollan a lingua principal de escolarización dos seus fillos. Entrados na terceira lexislatura de Feijóo e ante o apoio que no seu día o PPdeG deu as súas teses, síntese utilizada?

O labor que realizo en GB podería calificalo como unha mestura de hobby e cumprimento do que creo un deber cívico. Nós traballamos, argumentamos, e informamos. Pero non facemos as leis, nin estamos dentro dos partidos. Se un político mente e engana, se as persoas que comparten as súas siglas non marchan para a casa, iso é o que hai e hai que asumilo. Gustarianos que se tivesen feito as cousas ben, sobre todo que houbese xa unha politica lingüística de elección de lingua no ensino, como en todos os países onde hai máis dunha lingua oficial pero, ninguén pode pór en dúbida que imos conseguindo melloras. A proba é o perpetuo cabreo dos que agarimosamente chamamos talibanciños. O noso traballiño cústanos calquera avance, denuncias perante a administración, no Valedor, nos tribunais, queixas ante a UE. A situación sería moito peor se non tivésemos aparecido en escena. Ademais actuamos como freo para que a administración non vaia máis alá. Sen nós, a Xunta de Feijóo, neste tema, estaría a monte. 

A Mesa pola Normalización Linguística ten en marcha unha Proposición non de Lei na que reclama que o galego estea en condicións de igualdade cando se proporcionen servizos por parte de operadoras privadas. Que lle parece?

Por experiencia sabemos que o que ven dese grupo adoita levar o selo da manipulación. De entrada, que unha asociación con manifestos que reclaman educación monolingue en galego para todos os nenos, se faga chamar de “normalización”, parece unha broma de mal gusto. A proposición será para a lei do funil. O de sempre, “vivir en galego”, é dicir: entre dúas persoas, unha galegofalante e outra que teña como propia o castelán, se o galegofalante é o cliente, o camareiro ten que cambiar de lingua, pero se o galegofalante é o camareiro entón o cliente ten que aceptar que lle fale en galego. Ao final do que se trata é de manipular á xente, de facer enxeñeria social, e de dar ingresos ao lobby, neste caso aos que imparten cursos de galego para que capaciten a todo quisque. As obrigas de usar unha lingua so poden establecerse no ambito oficial, no privado ten que haber liberdade de uso, dentro do respecto entre seres humanos. 

Vostede é moi crítica coas liñas de subvencións por motivo de normalizar ao galego. Unha das principais liñas de axudas da Xunta neste eido é para os xornais diarios escritos. Que lle parece que periódicos que son maioritariamente en español reciban importantes cantidades de diñeiro por publicaren unha parte dos seus contidos en galego, en concreto un mínimo do 8%?

A prensa recibe axudas institucionais de moitas maneiras, creo que ista é unha simple desculpa. Se as axudas polo uso do galego se retirasen, compensaríannas con máis campañas de publicidade de organismos públicos. 

Deberían publicarse os medios de comunicación de Galicia en edición bilingüe?

O normal é que un medio publique na lingua, ou linguas, que prefiran os lectores aos que vai dirixido. Estamos a falar de medios privados. En canto á CRTVG, non estóu completamente dacordo con quen defende que sexan bilingües, creo que deben utilizar o galego. A TVG e máis a Radio Galega teñen feito un labor fundamental na difusión da lingua galega e sobre todo, teñen sido e son un lugar de acollida para toda a xente que non ve a súa lingua en ningún canle. Estou pensando sobre todo na xente que vive no rural ou en vilas pequenas. A radio e a tele galegas reflicten o seu mundo; non hai mais que vivir no rural, como fixen eu uns anos, para sabelo. Dito isto, paréceme que deberían deixar a un lado esa insistencia en que os entrevistados ou mesmo a xente que opina na rúa utilice o galego. En demasiadas ocasións nótase que o que amosan é artificial. Non podes estar transmitindo dende unha rúa dunha cidade galega e aparentar que ninguén fala castelán, nin rifarlle a unha rapaza que participa nun consurso por usalo. A xente debe poder expresarse na lingua na que se sinte máis cómoda.

Os que defenden as súbvencións á normalización argumentan que o Estado tamén subvenciona as producións culturais en español, por exemplo o cine ou o Instituto Cervantes. Que lles respondería?

Ter axudas no lugar no que vives facilítache moito máis as cousas: Xunta, Concellos, Deputacións. E non  me parece ben que se axude aos creadores que utilizan o galego e se exclúa aos que teñen como lingua propia o castelán. En canto ao Cervantes, hai que dicir que responde a unha demanda real, non artificial, de aprendizaxe do español, e que esta lingua, segundo estudos, como un da Fundación Telefónica, supón arredor dun 12 % do PIB español. En todo caso, agora tamén ten entre os seus cometidos a promoción  das outras linguas de España, aínda que está por ver a demanda que hai de aprendizaxe destas linguas, sobre todo no estranxeiro.

Vostede é residente en Vigo. Que lle parece a politica lingüística que está a desenvolver o alcalde Abel Caballero durante os seus mandatos?

O alcalde de Vigo utiliza en público maioritariamente a língua que él adoita usar en privado, que resulta ser a que usa a meirande parte da xente de Vigo. Pero tamén fala en galego. Depende do tipo de acto, do público a quen se estea a dirixir. É bastante camaleónico no bo sentido da palabra, adápatse ao ambiente. É un tipo listo. Estou convencida de que se non tivese que aturar aos do Sanedrín, que teñen moi mal aquel, Vigo sería o primeiro concello administrativamente bilingüe de Galicia.

En varias ocasións especulouse coa súa entrada en política, mesmo vostede deu a entender algunha vez que estaba pensando sobre esa posibilidade. Por que non fraguou? Descártaa por completo cara o futuro?

Hai xente amiga de especular nese sentido, normalmente son aqueles que agardan que os demáis fagan as cousas de xeito calculador, os de “agora métome nisto e me serve para dar o salto á política”. Conmigo está claro que se equivocaron. Xa son moitos anos, se quixese meterme en política, sería mais doado afiliarme a un partido. Coa décima parte das horas que levo adicadas a GB, xa podería ter medrado. E eu nunca din a entender nada de nada. Nunca. Outra cousa é que digas que non es alérxica ao matrimonio e transcriban que queres casar. No futuro? Non teño nin idea do que pode pasar no futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

15 Balbino

Valente dicen algúns. Valentes son os que falan nunha entrevista de traballo en galego ou os nenos que en garderías ou centros deportivos son discriminados por empregar a sua lingua ata o límite de deixar as súas pasións pola presións que exercen sobre eles os mestres, adestrador e demáis. O día que defendan están inxustizas comezarei a creer que esta asociación de verdade defende o bilingüismo que tanto dí, mentres non pasa de asociacións pro franquista que a señora Gloria disimula moi ben pero o seus secuaces véselles o plumeiro.

1 Españolistas dades noxo

Eis. Temos libertá pero só se escollemos falar castelán, a liberdade é a de deixar o galego pra que non te discriminen.

2 anonimo

Un respeto. GB de franquista no tiene nada. Muchos piensan que los dictadores don más bien otros. Galicia Bilingüe pide ensino en galego para el que lo prefiera.

3 la imposición del gallego

Si, o que non pide é a fin das discriminacións aos galegofalantes.

14 Etílico, S.A.

En toda a xeografía galega nunca se deu un caso de discriminación dos galegofalantes??? Que curioso, si que están protexidos os galegofalantes. Quen defenda a esta besta con pel de cordeiro non pode ser boa persona

13 Ghcv

Outro que non volve pisar este xornal mareado que só busca aumentar o número de visitas dándolle espazo a esta inquisidora que vai dando leccións cando a sua familia son uns asasinos e os seus socios van polo camiño. Como podedes entrevistar a esta individua???

1 José

Que poco nivel de cultura que tienes chaval... cada uno libre de hablar en lo que quiera... otras lenguas menores han desaparecido y nadie lo echa de menos...

12 Españolistas dades noxo

Estes piden dereitos iguais para castelánfalantes e galegofalantes? Non? Pois que metan o ideario postfranquista polo cu.

11 nostrus

Pois eu admiro a esta muller e discrepo un pouquiño con ela. No respecto a RAG eu non a critico porque o que faga a RAG a min resbálame e en canto a TVG acepto que sexa en galego pero non ao cen por cen, porque me parece unha gran hipocresia e non representa a imaxen real de Galicia, porque non hai ningunha cidade, aldea ou pobo en toda a galaxia que sexa totalmente monolingüe en galego, como moito será exclusivo o galego nas cavernas donde o bloque celebra seus aquelarres e na palleira onde Antinostrus bota a fel pola boca. A TVG debe ter un papel comunicativo, pero non evanxelizador. GB é unha organizacion preocupada polos dereitos e benestar das personas e as linguas son instrumentos creados polas personas para uso e disfrute noso. Para que as personas sexan sumisas as linguas xa estan outras organizacions como a Mesa que se adican a facer do galego a lingua sagrada e de obrigado culto a ela. Si non existira GB haberia que inventala.

1 Gomesende

Xa, nostrus, xa... Que outro caia nas tuas babosadas! Miramos como GC acaban de retirar un comentario de Antinostrus que critica o seu modelo de xornalismo e no seu lugar aparece nostrus! En fin, desde GC sodes moi libres para seguir entrevistando a personaxes toxicos e censurando a quen vos pida decencia informativa. E, para animar o debate, que tal se no lugar de nostrus asinades como Manuel Vilas ou Xurxo Salgado? De nada, xa sabia que sodes agradecidos!

2 teutonio

Bravo nostrus!!, a TVG evanxeliza por ser en galego, Antena3, TVE1, La 2, Cuatro... non, recollen a realidade social do país, aínda que un tercio da poboación viva en comunidades bilingües e praí un cuarto ou un quinto dos españois falen outra lingua propia. Non se che ve pouco a incoherencia.