A Mesa pola Normalización saca á rúa mesas para a ILP progalego

A Asociación recoller sinaturas serán para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Este serán estarán en Carballo. Calendario de recollidas de sinaturas noutras localidades no interior.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 06/04/2017 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A Mesa lembra que “a ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua coofiacial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos”.

Presentación da ILP da Mesa pola Normalización
Presentación da ILP da Mesa pola Normalización

Desde  A Mesa destácase que a inexistencia da máis mínima opción no noso idioma por parte de empresas e servizo nega a liberdade para o emprego do galego e evidencia a situación de desigualdade.

 

Segundo o presidente, Marcos Maceira, “estas cuestións son básicas, de sentido común, mais actualmente non están garantidas e o que se pretende é que o galego sexa unha lingua normal”. Por iso a ILP pretende facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre”.

Con motivo da campaña de recollida de sinaturas para a ILP, A Mesa vai poñer un posto hoxe, día 6 de abril, en Carballo desde as 16:00 h. ate as 19:00 na Rúa Coruña.

O resto das datas previstas son as seguintes.

ABRIL:

Domingo, día 9, en Carballo, na rúa A Coruña, entre 11:00 e 13:30 h.

Sábado día 8 ás 18:30 h., presentación da ILP no local da A.V.V. “Campo da Feira” de Paiosaco (Avda. Bergantiños, 48), A Laracha.

Quinta feira (xoves) 6 de abril na rúa A Coruña de Carballo entre 16:00 e 19:00 h.

Terza feira (martes) 4 de abril no mercado de Foz, de 10:30 a 13:00 h.

Domingo 2 de abril na Laracha, na feira de Paiosaco. De 11:00 a 13:30 h.

1 e 2 de abril en Vigo, na Festa da Reconquista. O punto de encontro será na Praza da Princesa nº 8.

Sábado 1 de abril de 17:30 a 20:00h.

Domingo 2 de abril de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

MARZO:

Sexta feira (venres) 31 de marzo en Ourense, na rúa do Paseo.

Quinta feira (xoves) día 30 de marzo en Noia, entre 11:00 e 13:30 h. na rúa Porta da Vila, a carón do edificio da entidade Abanca.

Cuarta feira (mércores) 29 de marzo en Ourense, na rúa do Paseo.

Cuarta feira (mércores) día 29 de marzo na Pobra do Caramiñal, entre 11:00 e 13:00 h. diante do edificio do Mercado Municipal.

Terza feira (martes) 28 de marzo en Boiro, entre 11:00 e 13:30 h. no mercado, na transversal coa Avenida Municipalidade de Avellaneda.

Cuarta feira (mércores) 22 de marzo, entre as 11:00 e as 13:00, haberá un posto na facultade de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Segunda feira (luns) día 20 de marzo, entre as 11.30 e 12.30,  en Santiago de Compostela. Un nas inmediacións da biblioteca Concepción Arenal (Campus Sur)

O domingo día 19 de marzo, entre as 17:30 e as 18:30, A Mesa porá a posto de recollida de sinaturas na Coruña, durante o encontro deportivo entre o RCD da Coruña e o Celta de Vigo.

O sábado día 18 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00, o posto estará a disposición dos asinantes durante o Campionato de Billarda na Praia de Laxe ao lado do porto e, se chove, trasladarase ao polideportivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Españolistas dades noxo

Estes que badúan con non sei que imposición supoño estarán en contra das perto de 700 leis que obrigan ao uso do castelán, non?

3 María

A lingua galega forma parte do noso patrimonio cultural, polo tanto merece coidados e atención, como calquera outra riqueza patrimonial. Paréceme unha mágoa que aínda haxa xente que non o valore. ¡Ánimo coa ILP!

2 nostrus

Los del Barça tendran derecho a ser atendidos por un dependiente culé.

1 ApagayVamonos

ti tes dereito a ser atendido por un psiquiatra. Exercita ese dereito ;-)

1 Nexus 6

¿A qué se referirán estos con de los dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico? ¿A qué empresa se le prohíbe ofrecer servicios en la lengua regional si así lo desean sus dueños? ¿Qué significa denegación de atención? Mucho me temo que lo que estos NAZIonalistas quieren, es obligar a que, quien les atienda en un comercio o empresa, esté obligado a hablar en gallego si ellos así se lo dicen. Sería hasta gracioso si no fuese porque hay muchos papanatas cobrando dinero público que estarían dispuestos a hacer efectiva dicha obligación, con denuncias y multas a quienes no se dobleguen a sus delirios.

1 nostrus

lo peor es que luego apareceran los defensores de la atencion espiritual que el cliente desee y exigiran que te contesten "sin pecado concebida" si tu al entrar les dices "ave Maria purisima". Y la verdad es que tanto unos como otros tienen el mismo derecho.

2 teutonio

Garantir o dereito das persoas consumidoras e usuarias a recibiren en galego toda a información, documentación e contratos sobre produtos e servizos, así como a seren entendidas e atendidas no idioma de Galiza polas empresas que lles prestan servizos ou subministran bens no noso país; o segundo artigo, dirixido as empresas que prestan servizos ás administracións públicas e ás entidades do sector público autónomo e local de Galiza, para que inclúan o galego na atención ao público; o terceiro artigo refírese á opción de facer unha valoración adicional de todas aquelas entidades que promovan a normalización da lingua e que preguen a contratación de servizos da administracións pública galega; por último, o cuarto artigo diríxese ao Goberno galego, para que desenvolva unha campaña de concienciación cidadá nos medios de comunicación, con especial atención nos de titularidade pública.

3 Nexus 6

Querido Tontonio, en la Admon Pública eso ya está más que garantizado. ¡Pero si todo está UNICAMENTE en el idioma regional: consejerías, ayuntamientos, bibliotecas, colegios, todo en jallejo y SÓLO en jallejo. Respecto de lo privado...Lo siento pero las personas tienen derecho a expresarse como quieran. El español es oficial en Galicia y nadie tienen derecho a decirle a una persona en cual de los idiomas oficiales de la región tiene que expresarse. Si alguien viene a mi negocio y me dice que le tengo que hablar en jallejo porque a él le sale de los kínder...lo inflo a hos tias

4 teutonio

Pois que mal empresario haberías de ser, o cliente sempre ten a razón e o que se busca non é que no comercio se fale galego porque saia dos kinder, trátase de garantir os dereitos dos galegofalantes a recibir unha atención ao público, unha información e uns servizos de calidade na súa lingua e sen ter que mudar de idioma. Por outra banda con iniciativas coma esta, ademáis de der un mellor servizo, crearíanse traballos (precarios) no país.