GC Aberto

CxG Vigo fai un chamado ao entendemento entre Concello e R.C.Celta

Polo futuro de Vigo e do clube vigués os galeguistas demandan que os máximos dirixentes procuren o mellor acordo no beneficio de todos.

Por ENGALIZA | GC ABERTO | 07/04/2017

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia demanda un achegamento de posturas entre o Concello de Vigo e o RC Celta no conflito do campo de futbol. Polo ben da cidade e do clube vigués os galeguistas solicitan que os máximos dirixentes procuren un acordo en que todos saian beneficiados. O Secretario local de CxG en Vigo, Daniel Lago, en nota de prensa traslada a preocupación dos galeguistas polo longo proceso de negociación e a preocupación producida na sociedade viguesa pola posibilidade de ruptura entre a cidade e o club, con consecuencias moi negativas para ambas entidades. Daniel Lago pide a ambos mandatarios que centren os esforzos nun acordo con sentido común; por parte do Concello na defensa da legalidade que supón a propiedade dun campo de futbol municipal,o seu uso e aproveitamento, e por parte do RC Celta o paso atrás social que significaría a construción dun novo campo de futbol noutro concello dos arredores.

Carlos Mouriño e Abel Caballero, trala firma do acordo sobre Balaídos.
Carlos Mouriño e Abel Caballero, trala firma do acordo sobre Balaídos. | Fonte: Concello de Vigo

O partido galeguista lembra que o RC Celta está vencellado dende o seu nacemento á cidade de Vigo e debería ser esa ligazón unha fortaleza no futuro do Club, non unha condición secundaria, por iso solicita ao seu presidente Carlos Mouriño que valore outras posibilidades antes que arriscar o futuro social e económico do club nunha proposta que supoña a marcha da cidade que viu nacer ao seu club decano. Compromiso por Galicia desexa que nesta negociación, entre o Concello e entidade social máis grande do mesmo, non haxa vencedores nin vencidos, e que a petición razonada por parte do presidente RC Celta non sexa utilizada como argumento para dividir á sociedade viguesa, e si como un revulsivo de colaboración e apoio futuro entre as dúas institucións.

Carlos Mouriño.3º trofeo cartón branco Coca-Cola.
Carlos Mouriño.3º trofeo cartón branco Coca-Cola.
Tags: #Celta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 lilins

Compromiso por Galicia demanda un achegamento de posturas entre o Concello de Vigo e o RC Celta no conflito do campo de futbol. Polo ben da cidade e do clube vigués os galeguistas solicitan que os máximos dirixentes procuren un acordo en que todos saian beneficiados. camisetas clubes

5 Gamela

pregunto: por que estes defensores de non se sabe moi ben o que... non intermedian para que o MARCO non morra definitivamente ? Seica o fútbol dá máis votos ca cultura ? En Vigo sen dúbida algunha !!! https://flic.kr/p/SKVrvZ

4 Gamela

Acaso non hai ninguén que lle poña as pilas a Abel Caballero en Vigo ? Nin siquera CxG ten collóns para dicirlle ao alcalde que se meta no Concello e deixe de meter o nariz en todo o que se move en Vigo baixo a súa santa vontade e maniobras? Se Mouriño ten ou non ten 70 M é cousa que veremos en breve! Pero facer un estadio do século XXI con accesibilidade (aparcadoiros e ascensores) cómodo e sen chuvias... iso acaso é moito pedir? Cando nin siquera lle dan as chaves do Bar e da Tenda ? Quen carallo é Caballero para extorsionar ao Celta de Vigo ? BASTA XA DE AUTÓCRATAS! http://www.farodevigo.es/celta-de-v...

3 Marcelino del Val

Pero a alguien le interesa la opinión de este grupo político fantasma en Vigo? Estos hechan un pedo y ya a hablar de ellos. Sobran en Galicia grupúsculos de nazi-onalistas.

1 boberantesno

Claro que sobran. Como tú, fanático supremacista e intolerante

2 Arturo

Está claro que o de Mouriño é un farol. O Celta non ten os 70 millóns que costa facer un estadio novo. O dito, una farolada, a ver se lle dan Balaidos gratis, para especular despois.