Galicia, Asturias e Aragón lideran o descenso de autónomos

As tres comunidades recollen as maiores caídas no primeiro trimestre de 2017, segundo a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA).

Por E.P. | MADRID | 07/04/2017 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

Asturias (-0,8%), Aragón e Galicia, cun descenso do 0,6% en ambos os casos, foron as comunidades que lideraron o descenso de traballadores por conta propia no primeiro trimestre de 2017, segundo un informe elaborado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA).

Lorenzo Amor, presidnete de ATA
Lorenzo Amor, presidnete de ATA | Fonte: Europa Press

Mentres, Baleares é a comunidade autónoma na que máis creceron os autónomos durante o primeiro trimestre, cun 1,4% máis, o que en termos absolutos tradúcese en 1.208 novos traballadores por conta propia cotizando á Seguridade Social.

En toda España, o número de autónomos aumentou en 2.545 persoas no primeiro trimestre do ano, ata alcanzar os máis de 3,1 millóns de afiliados ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).

En termos relativos, o crecemento do primeiro trimestre do ano foi do 0,1% respecto ao trimestre anterior. Con esta suba encadéanse catro anos consecutivos de crecemento de autónomos durante o primeiro trimestre do ano desde o inicio da crise.

Ademais, o aumento de autónomos rexistrado ata marzo foi superior ao que se rexistrou no mesmo período do ano anterior, cando a cifra de afiliados ao RETA aumentou en 1.297 cotizantes.

Doutra banda, ATA sinalou que a pesar do "forte descenso" rexistrado en xaneiro, o aumento de afiliados no segundo e terceiro mes do ano conseguiron levar ao RETA a positivo no primeiro trimestre do ano.

Por comunidades autónomas, unicamente 7 das 17 máis Ceuta aumentaron no tres primeiros meses do ano o seu número de autónomos afiliados á Seguridade Social.

Tamén se rexistraron descensos en Cantabria, Castela León e País Vasco, cunha caída do 0,5% nestas rexións; Castela-A Mancha e Navarra, cunha baixada do 0,3% nas dúas comunidades, e en Estremadura (-0,2%) e A Rioxa (-0,1%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta