“O turismo reforzou a imaxe da nación española fronte a nación galega”

Un estudo de investigadores da Universidade de Santiago conclúe que a clásica promoción turística de Galicia como destino do Camiño de Santiago e como paisaxe rural foi "un instrumento político eficaz" para "reforzar a idea de España" e dunha Galicia "submisa".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As campañas turísticas sobre Galicia serviron para "reforzar a España como Estado-nación e mesmo para lexitimar a ditadura franquista" e contribuíron á "construción dunha imaxe de Galicia baseada no ruralismo e nos atributos sociais ligados á feminidade, como a melancolía, que pode conducir ao rexeitamento de Galicia como suxeito político". Así o conclúe o estudo 'Tourism and nation in Galicia (Spain)', publicado na revista Tourism Management Perspectives e asinado polos investigadores Xosé M. Santos e Juan Manuel Trillo Santamaría, do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Imaxe promocional do Ano Santo de 1948 e 1965
Imaxe promocional do Ano Santo de 1948 e 1965 | Fonte: 'Tourism and nation in Galicia' (Xosé M. Santosa e Juan Manuel Trillo Santamaría).

Aínda que se asume que Galicia desempeñou un papel secundario na política turística española ao longo do último século, este autores argumentan que "o turismo desempeñou un papel significativo desde un punto de vista ideolóxico, reforzando a imaxe da nación española fronte a nación galega", fundamentalmente mediante a promoción do Camiño de Santiago, que "adquiriu un gran valor simbólico con respecto á unidade de España e os vínculos españois coas raíces europeas", e tamén mediante unha "idea estereotipada" do noso país mediante "o ruralismo e o sentimentalismo asociados coa propaganda turística de Galicia", que axudaron a reforzar a imaxe dun "territorio submiso", expoñen os investigadores da USC.

"O nacionalismo galego non logrou construír unha imaxe alternativa" e "contribuíu ao fortalecemento das tendencias dominantes no nacionalismo español".

O turismo en Galicia foi, polo tanto, "un instrumento político eficaz" que utilizou a promoción e, a miúdo, a propaganda , segundo estes autores, para "reforzar a idea de España, recorrendo ao papel histórico de Santiago de Compostela e ao fenómeno Xacobeo", ao mesmo tempo que contribuíu á "difusión dunha imaxe subordinada de Galicia a través do uso da nostalxia e a feminización vinculadas á paisaxe".

Porén, e a diferenza de lugares como Cataluña (Vargas, 2015) e algúns territorios de Gran Bretaña, "o nacionalismo galego non logrou construír unha imaxe alternativa". De feito, aseguran que "a través das súas orientacións estratéxicas e das súas accións (tanto históricas como actuais), contribuíu ao fortalecemento das tendencias dominantes no nacionalismo español", argúen os investigadores tras analizar o fenómeno turístico en Galicia no último século.

Promoción dos Camiños de Ferro do Norte en 1900 e das rías galegas en 1930
Promoción dos Camiños de Ferro do Norte en 1900 e das rías galegas en 1930 | Fonte: 'Tourism and nation in Galicia' (Xosé M. Santosa e Juan Manuel Trillo Santamaría).

"O turismo contribuíu ao establecemento dunha imaxe de Galicia como territorio apracible que é submiso ao Estado".

O foco principal desta investigación foi o período da ditadura de Franco (1939-1975), aínda que percorre un século enteiro de actividade turística. Nel, os seus autores din demostrar que "aínda que Galicia foi a miúdo excluída das principais políticas turísticas do goberno español, pode desenvolverse unha lectura ideolóxica en termos de política nacional e identidade". Máis detalladamente, defenden que "en termos de turismo, a política nacional de España tentou entender Galicia desde a perspectiva nacional española (e non galega)". Por qué?

Por unha banda, os investigadores observaron que Galicia foi sempre considerada un "elemento cohesivo da identidade nacional española e un instrumento para a difusión dos valores que son particularmente útiles para a promoción da unidade nacional".

Por outra banda, da súa análise chegan á conclusión de que "o turismo contribuíu ao establecemento dunha imaxe de Galicia como territorio apracible que é submiso ao Estado", de xeito que "o turismo foi utilizado como ferramenta para o desmantelamento do nacionalismo galego, cuxa fortaleza foi particularmente evidente durante os anos vinte e trinta e que estivo rexurdindo desde 1975", explican Santos e Trillo.

Promoción turística de Galicia en 1945 e da Coruña e o marisco galego en 1969
Promoción turística de Galicia en 1945 e da Coruña e o marisco galego en 1969 | Fonte: 'Tourism and nation in Galicia' (Xosé M. Santosa e Juan Manuel Trillo Santamaría).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 Arturo

Galicia ten un déficit de 3.660 millóns de euros ao ano en pensións. Eses cartos veñen de fora, do estado imperialista español. Algo que certos discursos histéricos ( e cheos de maiúsculas ) sempre calan. E por favor, a trécola esa de que os turistas papan eiquí o marisco gratis é xa algo neurótico. Hai xente que quedeu fosilizada fai sesenta anos, e segue a falar de realidade de antes coma se fosen a de agora. ¿ Compre repetir mais veces que eso non é así, que os prezos en Galicia non son asombrosamente baratos , e que os turistas non veñen gratis ?

8 Arturo

Non sei de onde saca alguén que aos turistas case se lles regala o peixe e o marisco, ou que veñen eiquí gratis. Por favor. Eso non é real. Pagan coma todo quisque. Tampouco vexo eso de que " nos rouben" a forza de traballo. ¿ Seica aos galegos que van traballar fora non lles pagan ? Moitos traballan fora porque eiquí non hai chollo. O dito, parece mais ben a repetición de esquemas mentais preconstituidos victimistas que a descripción da realidade

1 Dalle_tempo

Xa. O custe dunha carreira universitaria inclúe moitos cartos que son aproveitados fora. Por outra banda non van senon os mellores a traballar fora, e teñen soldos mais baixos. Non hai choio aquí ¿ verdade? moi ben recoñecido, ¿por qué será?. Galiza, se non é independente, xamáis tirará para adiante. Non só ten que ser soberana, senon tirar ao lixo os discursos "victimistas" coma o teu. ¿Qué tal se falamos do que aportaron e aportan os emigrantes...só eles, ao estado? E bueno...os turistas non pagan o xusto, mais ben pagan de máis; pero é patético ter que vivir do turismo non tendo nin clima, nin infraestruturas adecuadas e cun potencial enorme na industria. Outros cincocentos anos e, ao millor, nos decatamos diso.

7 Galegus

¿Fortaleza do nacionalismo galego en 1975? Buen chiste. Supongo que los creadores de esta sarta de chorradas serán devotos del régimen de Corea del Norte, o de la antigua Albania comunista. Por esos lugares no hay ni había turismo, y así podían conservarse bien puros unos y otros.

6 Galiza nazon

O NACIONALISMO GALEGO E A UNICA OPOSICIÓN ... o saben e o demostran, están todos os expañolitos pedindo marisco do barato, sin pagar nada ou case nada a roubarnos por todos lados na electricidade, nas materias primas, na forza de traballo, EXPAÑA e a ruina da Galiza, e os políticos expañolentos que son sinon ladroecio puro, a que veñen a polo marisco! (PODREINOS ESPIÑENTO) ... DOELLES O NACIONALISMO... DOELLES O PATRIOTISMO!!! - https://www.youtube.com/watch?v=lPq...

5 nostrus

Efectivamente Galicia coa sua realidade e identidade axuda a conformar a realidade e identidade española, porque España é plural (non plurinacional) e diversa e a sua vez Galicia tamen é plural e diversa. A identidade esta directamente ligada coa realidade e esta muda co tempo e evoluciona. O rio Sil, a muralla de Lugo, o Apostolo, as romerias, os naciotas, ctr, axudan a facer a imaxe de Galicia. O nacionalismo o único que pretende e crear unha imaxe de Galicia ficticia, alonxada da realidae, uniformada e que só cabe nas suas mentes porque ignora unhas realidades galegas e sobreactua noutras. O nacionalismo é o maior inimigo interno de Galicia polo que emponzoña, polo que se apropia da galeguidade como si fora deles só, polo odio e egoismo que xenera, e polo que trata de enganar.

1 Serio

Home Nostrus, dá aleghría lerche as parvadas habituais; pensaba que estarías imputado ou xa detido coma todos os teus colegas. En serio: creo que xa tedes bastante traballo coma asociación con ánimo delictivo coma para que desbarres cos teus rollos.

2 sipaio vergonhento

nostrus, mira que tens unha reunião para o do autocarro de FaiteOuvir em Puentearenas para ver como vos repartides as tarefas.