O letrista de Björk e un cangués considerado un dos mellores poetas de Islandia, este luns nun recital na Coruña

Islandia estará presente no recital poético que terá lugar este luns 10 de abril dentro da programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña. Deste xeito, Poetas Di(n)versos abrirá así o seu trimestre primaveral no seu habitual horario de 20,30 horas no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2017 | Actualizada ás 08:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Islandia estará presente no recital poético que terá lugar este luns 10 de abril dentro da programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña. Deste xeito, Poetas Di(n)versos abrirá así o seu trimestre primaveral no seu habitual horario de 20,30 horas no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.

Trátase dun novo acto aberto e gratuíto para todo o público interesado, cunha duración dunha hora aproximadamente, que volverá reunir a mellor poesía escrita en galego xunto con algunha outra, esta vez en idioma islandés.

A directora do ciclo, o tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, encargarase de realizar e interpretar traducións ao galego que seguirán ás que soen na voz do seu propio autor, tal e como ela mesma indicou nun comunicado.

Os convocados comparten o feito de residir no país boreal, pero, aínda que un deles naceu en Reikiavik, o outro fíxoo en Cangas do Morrazo. Trátase de Sjón, compositor de Björk e gañador do Premio de Literatura do Consello Nórdico, e de Elías Portela. De feito, o galego piblica libros en Galicia como Elías Portela e en Islandia como Elías Knörr.

A revista literaria UK Poetry Review chegou a sinalalo como un do tres poetas máis representativos da lírica actual do país islandés. Así mesmo, Elías Portela conta no seu haber con galardóns como o Xohán de Cangas ou Afundación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta