Fin de semana grande en Sober

Cata oficial de viños, pregón e moita música para este domingo de ramos na XXXVII Feira do Viño de Amandi.

Por GC Tendencias | Sober | 09/04/2017 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Esta fin de semana concéntranse en Sober máis persoas que en calquera evento do resto do ano, e con razón pois este evento de exaltación dos caldos da zona é un referente xa a nivel de Galicia. O bo tempo e a calidade do programa completan sempre o atractivo para que a xente se achegue a Sober. Onte sábado, entre as autoridades presentes para a inauguración oficial co simbólico “corte de bacelos”, destacou a presenza de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria que se gababa do potencial exportador do sector vitivinícola da provincia de Lugo indicando tamén que a D.O. Ribeira Sacra ten claras características que definen a marca Galicia Calidade.

Rosa Cedrón
Rosa Cedrón

Éxito total cos stands das 22 adegas soberinas cheos e o público gozando de boa e variada música a cargo da Banda de Música de Sober, a Charanga NBA, o concerto de Rosa Cedrón no que presentaba o seu novo traballo “Nada que perder” e o fin de festa a cargo do grupo pop “Gin Toni’s”.

Hoxe terá lugar a Cata Oficial no Centro Sociocultural pola mañá e haberá música todo o día no recinto feiral. Repiten a Banda de Música de Sober e a Charanga NBA e pola noite baile coa orquestra Trebol.

O pregón a cargo de Rosa Cedrón será ás 13.00 h e a continuación farase entrega dos Premios aos adegueiros.

Recinto Feiral
Recinto Feiral
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Bacelo

Xurxo, son bacelos. Nada que ver co galo nen a cidade portuguesa. Videira nova. Vara de videira cortada para plantar.

1 xmanuel

Tes razón. Xa o puxemos ben, cousas da inmediatez xornalística.