A metade das pemes galegas non usa redes sociais

A maioría das pequenas e medianas empresas do país optan por ter só páxina web e as que se introducen nas redes mostran, en xeral, niveis de actualización e diálogo moi baixos, segundo un estudo feito na USC.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2017 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

As pemes galegas dan prevalencia ás páxinas web fronte as redes sociais para a súa presenza na Internet: tres de cada catro (74%) teñen web propia, mentres que só a metade (50%) está presente en redes sociais. Doutra banda, o blogue é o recurso 2.0 menos utilizado polas pemes, xa que só unha de cada dez (10%) recorre á súa utilización. Son datos do estudo 'Presencia 2.0 de las pymes gallegas: niveles de participación y engagement con los usuarios', publicado no último número de Revista Latina de Comunicación Social polos investigadores José Sixto García, Nicolás Aguado Domínguez e Reyes Riveiro Castro, da Universidade de Santiago.

Redes sociais.
Redes sociais.

As conclusións apuntan, no caso das pemes con presenza en redes sociais, á supremacía de Facebook como rede de uso maioritario, se ben se observa máis unha presenza testemuñal e de posicionamento SEO ca un espazo para a comunicación e o diálogo, polo que "os niveis de engagement son pobres e reducidos a casos puntuais, nunca unha tendencia xeneralizada", aportan os autores do estudo.

Das pemes con páxina web, o 36,49% utilízana de maneira exclusiva, aínda que a maioría (51%) aposta por combinar esta presenza online co uso de redes sociais. Só unha minoría (13,51%) combina a participación en web, redes sociais e blogue.

Facebook é, con diferenza, a rede social máis utilizada polas pemes galegas (90% do conxunto e 46% das que teñen en web). Isto quere dicir, segundo os autores, que existe unha tendencia xeneralizada a substituir os sitios web polas presenzas en Facebook, aínda que esa directriz non se confirma no caso das entidades que optaron por contar cun sitio web corporativo. A Facebook séguenlle en redes máis utilizadas, por orde de preferencia, Twitter (27%), LinkedIn (14%), Google+ (14%) e Instagram (12%).

Da investigación despréndese, ademais, que as empresas que usan as redes sociais non se limitan exclusivamente a unha plataforma, senón que compaxinan o uso simultáneo de varias redes. Así, un 24% usa dúas redes sociais distintas, un 14% opta por tres redes, un 10% combina o uso de catro redes e as pemes que utilizan máis de catro redes representan o 18% do total.

As páxinas de Facebook son as máis seguidas polos usuarios, a súa frecuencia de actualización é maior que no resto de redes e presentan os maiores niveis de interacción activa (67%) entre organización-públicos, sinalan os investigadores no seu estudo.

En global, a frecuencia de actualización das pemes con contas en redes sociais é baixa e, ás veces, inexistente (o 41,51% leva máis dun mes sen actualizar e o 4,72% das contas nunca se utilizou). Un 35,85% das pemes sitúase por baixo das catro actualizacións por semana e só un 17,92% actualiza o contido das súas redes máis de catro veces por semana.

A procura do compromiso a través da toma da palabra (frecuencia de actualización superior a catro veces por semana) reflíctese, sobre todo, en Twitter (25,93%), Facebook (19,51%) e Instagram (16,66%). Porén, LinkedIn e Google+ son as redes que menos se actualizan: un 58,33% leva máis dun mes sen actualizar en LinkedIn e un 57,14% sen facelo en Google+.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Enrique Quintana

Pues es una triste noticia, el uso de las redes sociales es fundamental para una pequeña o mediana empresa, es impensable que la era actual, una empresa no cuente con presencia en Internet, ya no sólo a nivel de página web corporativa, sino también en cuanto a tener presencia en Twitter, Facebook o Instagram, etc. Por ejemplo, Instagram es una de las redes sociales del momento, las empresas deberían contar con ella siempre que pudieran. Personalmente recomiendo descargar Instagram Plus, podéis ver la versión aquí http://repostinstagram.com/descargar-og-instagram-plus-2017/ . Saludos y animo a que cada empresa tenga al menos presencia en una red social.

1 Maximino

Ni publicidad, ni web, ni redes sociales incrementan el éxito de una peme. Hay mucho listo detrás para chupar, luego hablan de los políticos, sindicalistas y demás cazoleros.