O número de doses de vacina antigripal administradas en Galicia aumenta un 6%

O número total ascende esta ano a 514.907, o que supón 29.314 doses máis que na campaña anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2017 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O número de doses da vacina antigripal administradas á poboación ascendeu na última campaña da Xunta de Galicia a 514.907, o que supón 29.314 dose máis que na campaña anterior, é dicir, un 6% máis.

Luís Verde vacínase contra a gripe
Luís Verde vacínase contra a gripe | Fonte: Europa Press

Por grupos, 370.540 destas vacinas corresponderon a persoas de 65 ou máis anos; 38.832 administráronse a persoas de 60 a 64 anos; e 105.535 foron para persoas de menos de 60 anos.

O número de persoas de 65 ou máis anos vacinadas aumentou en preto dun 4%, mantendo a súa tendencia ascendente desde o ano 2013. Se se analiza por subgrupos de idade, alcanzáronse coberturas máis elevadas nas persoas de 75 ou máis anos, achegándose ao obxectivo (do 65%) e mesmo superándoo nas provincias de Lugo e Ourense.

Pola súa banda, nas persoas de 60 a 64 anos a cifra de vacinados foi ao redor dun 10% superior á do ano pasado.

No que respecta aos profesionais sanitarios, este foi o grupo onde máis melloraron os resultados, cunha cobertura do 33,45%, moi preto do obxectivo marcado para este sector (do 35%). No campo da atención primaria vacináronse 2.432 persoas, o que supón un incremento do 25,24% con respecto á tempada anterior. En atención hospitalaria, o aumento foi aínda maior, xa que se vacinaron 4.087 persoas, un 52% máis que na última campaña.

A campaña de vacinación desenvolveuse entre o 24 de outubro e o 23 de decembro do ano pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta