Os líderes de Anova e Podemos evitan seguir polemizando sobre a coordinadora de En Marea

Antón Sánchez e Carmen Santos afirman que o que tiñan que dicir "xa está dito".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2017 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Os líderes de Anova e Podemos Galicia, Antón Sánchez e Carmen Santos, respectivamente, afirmaron que o que tiñan que dicir sobre a coordinadora de En Marea "xa está dito". Deste xeito, preguntados polos xornalistas en rolda de prensa, evitaron continuar a polémica sobre o nomeamento do órgano executivo do partido instrumental, tras as críticas contra o seu portavoz, Luís Villares, vertidas nos últimos días por diversos integrantes.

Carmen Santos e Antón Sánchez
Carmen Santos e Antón Sánchez | Fonte: Europa Press

O portavoz de Anova, Antón Sánchez, indicou que En Marea "ten canles de debate" e apostou por que se utilicen en caso de ter que resolver discrepancias.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, coincidiu "na liña" de Sánchez, ao asegurar que "o que se manifestou xa está claro", e agregou o seu "máximo respecto ás decisións do espazo político de confluencia".

Iso si, Carmen Santos agregou que haberá que ver "co tempo" como se vai comunicando e "desenvolvendo" o proxecto liderado por Luís Villares.

"OPINIÓNS DOUTRAS PERSOAS"

Cuestionados, en concreto, polas palabras críticas con Luís Villares dos deputados no Congreso Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, Antón Sánchez reiterou que o que Anova tiña que dicir "xa está dito" e sentenciou que "non hai máis que engadir".

Pola súa banda, Carmen Santos destacou que "as opinións doutras persoas teñen que ser desas persoas", e remitiuse á posición de Podemos Galicia e tamén á da dirección estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 arzuacapital

anova que exixe, se xa son unha banda de "amigos": Sanchez, martiño miña xoia, 4 fpgallos e 3 neonazis de xeira? pero de que vades con escasas 100 persoas a dicir nada, home. Ideoloxía? Ombriguismo.

1 LKI

E se según vós "son unha banda de "amigos", como é que no BeNeGá tedes que liberar e financiar cos cartos de EspaÑa a un alcólico, a un demente e a unha reprimida sexual para rematar con eles? https://es-es.facebook.com/BenitoSo... Eh?

2 Troleando en Lugho

LKI ti coñeces ao Nega e que vivo sen vivir en min pensando en coma recibilo ben para que o pobriño non se asuste de los daldea que te dicen por aquí.

3 Troleando en Lugho

Por certo, reclamo unha vez máis un moderador neste foro porque, pódese comprobar a súa necesidade só con ler o comentario 2. Clamo no deserto, ben o sei...

4 LKI

Non che sei moi ben quén é o notas ese, o que si coñezo é o único partido autoproclamado "nacionalista galego" que defende a bandeira nazi-onal española: http://nacional.ulaek.com/bng-pede-...

3 Kollontai luguesa

Vai ser que era un ata logo o meu... En fin, eu non vos podo contestar, levo un día elaborando un protocolo para que os pueblerinos coma min, ben eu son de aldea que aínda debe de ser peor para algúns, saibamos tratar ben aos mociños da capetal: http://www.eldiario.es/cultura/musi... A ver, Gamela, ti ben ves quen son os vosos aliados, que queres que che diga? Parece que eres unha persoa de esquerdas, así que eu ca ti preguntaríame que fago aí. De todos xeitos, eu teño esperanza de que para a próxima nos versionan a este chico de aquí enriba os da próxima candidatura... Imaxinas a estes dos que fala o/a do comentario número 2 rapeando... Eu, se o prometen agora ata penso un pouquiño o de votarlles. Podiamos ir preparando a letra... E que "ser un referente cuesta"...

2 Filarmónica de Conxo

Gamela, se quixeres algo vés falar co Mário e coa Chelo la trepa, que son os que mandam. E a Podemos que diga missa, que bem que faz acordos por detrás co Palheiro de Lugo. O Neira negociou co Vilhares colocar á sua parelha na cúpula, e aquí está todo dios a mirar polo seu. O Anova nom manda nada, montáro-na a pancadas e o Mário e O Neira decidirom que habia que liquida-los. A ver se vos enterades um bocadinho. Desta vez o Beiras tivo que ceder diante os seus históricos chupópteros do coletivo socialista. Vós pensades que aquí todo quisque vai de leal...o projeto impórta-lhes um carafio!!

1 Gamela

así non imos a ningures! Podemos Galicia fraccionada! En Marea fraccionada! e os seus representantes lexítimos din que hai canles de debate? Onde están esas canles, nos corrillos do Parlamento de Galicia ou na Cafatería? Algúns estamos cansos de falar coa parede desta "esquerda" que semella ser cada día máis de dereitas nas súas FORMAS! De mostra chegará con este botón ? https://twitter.com/Gamela2017/stat...