Temas: XURéS INCENDIOS

Extinguido o lume máis grande da primavera, que afectou 133 hectáreas no Xurés

O incendio forestal declarado na tarde do domingo no municipio ourensán de Lobios xa foi extinguido.

Por E.P. | OURENSE | 11/04/2017 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na tarde do domingo no municipio ourensán de Lobios quedou extinguido este martes pola tarde tras queimar unhas 133 hectáreas, parte delas dentro do Parque Natural do Xurés.

O incerdio no Xurés corta unha estrada
O incerdio no Xurés corta unha estrada | Fonte: Axentes MM CCOO

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume quedou extinguido ás 15,00 horas deste martes tras comezar ás 17,35 horas do domingo na parroquia de Grou.

A superficie afectada por este lume, segundo as últimas estimacións apuntadas por Medio Rural, sitúase en 70 hectáreas de monte arboledo e 63 de raso.

Temas: XURéS INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xeneral xapones toxo

Outra vez os toxos!!!! os toxos xa comenzan a facer das suas... o haber inxente cantidade de matogueiras aprisionadas, mais de vinte pes por cm2 (o cuadrado) producese fricción e frotamento de puas, orixinandose os clásicos luMes florestais do mes de agosto, señores si non se fai o control das plantuculas, nin non se corta o final pasan estas cousas, comenzar chixpis... comenzan os lunes!!! E o frijoles que??? outra vez o real mandriles campion da liga????