A reserva da biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón bota a andar

Abarca 160.000 hectáreas entre Galicia e Asturias. Nela estarán integrados sete concellos lucenses: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada; integrados nesta reserva interautonómica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2017 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Galicia e Asturias aprobaron o primeiro Plan de Xestión da reserva da biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón, co obxectivo de garantir o desenvolvemento económico sustentable das comarcas integradas.

Reserva da biosfera do río Eo
Reserva da biosfera do río Eo | Fonte: Salvemos Cabana

Segundo informou a Xunta, este plan, que foi aprobado durante a reunión anual da Comisión de Coordinación institucional da Reserva celebrada este martes, baséase en 11 liñas estratéxicas de acción coas que se pretende "harmonizar a conservación co aproveitamento económico" dos recursos naturais da zona.

Estas medidas poranse en marcha, en Galicia, en sete concellos da provincia de Lugo: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada; integrados nesta reserva interautonómica, que abarca unha superficie próxima ás 160.000 hectáreas entre Galicia e Asturias.

A reunión da Comisión serviu de escenario para dar o "impulso definitivo" a este plan, que contempla un total de 26 actuacións específicas para promover o desenvolvemento sustentable das actividades agrogandeiras, forestais, piscícolas, marisqueiras e empresariais, así como fomentar o turismo de calidade e a artesanía local.

Este plan xestor é a folla de ruta que de agora en diante harmonizará a actividade económica cos traballos de mantemento e restauración do estado de conservación dos hábitats naturais baseados, fundamentalmente, na erradicación das especiais exóticas de carácter invasor e en medidas para favorecer a adaptación e a redución dos efectos do cambio climático e preservar as unidades paisaxísticas e os agrosistemas tradicionais.

Ademais, inclúe accións para a protección e posta en valor dos recursos etnográficos, culturais e patrimoniais, sen esquecer o importante labor que desenvolven os órganos xestores das reservas da biosfera en canto á investigación e á educación ambiental.

REDE DE RESERVAS

O primeiro Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón xa contempla a cooperación e intercambio con outras reservas, coa finalidade de sumar esforzos, compartir o coñecemento e buscar sinerxías que contribúan a unha xestión "eficaz e eficiente" das unidades de conservación.

Por tanto, nesta folla de ruta está marcado o camiño cara á participación desta Reserva na futura Rede de Reservas da Biosfera que, tal e como anunciou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, nunha comparecencia recente, atravesa a súa recta final para a posta en funcionamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Arturo

En Galicia cando se tentou prohibir a plantación de eucaliptos en determinadas zonas, xa sairon de contado asociacións en contra. Seica non chega con que toda a Mariña de Lugo e o norte de Coruña sexa un eucaliptal, toda Galicia ten que selo. O único xeito de parar eso é prohibir a plantación de eucaliptos en determinadas zonas.

2 Gabriel

Coa planta indiscriminada de eucaliptos na zona de burón, en alturas que rondasd os 900 metros, a Unesco debera suprimir este título de Reserva da Biosferana parte que corresponde a Galicia. En Asturias, prl exemplo, na comarca de Oscos está prohibido a planta de eucaliptos e especies foráneas. A v er se aprendemos algo dos nosos veciños.

1 tin

seguro que poden: plantar eucaliptos (senón está cheo xa), facer encoros, parques eólicos, .... para que? o fan