Como desfrutar dos parques naturais de Galicia

Os seis parques naturais de Galicia ofrecen case 50 rutas para descubrir a súa paisaxe, a súa flora e a súa fauna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2017 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

Queres desfrutar esta Semana Santa da natureza do país. Son 50 as rutas que existen nos seis parques naturais da comunidade, a través das cales se pode descubrir a súa paisaxe, a súa flora e a súa fauna.

A Reserva Gerês-Xurés, en Galícia
A Reserva Gerês-Xurés, en Galícia | Fonte: Europa Press

A Xunta acaba de publicar folletos informativos coas características dos itinerarios, o nivel de dificultade e o tempo estimado de duración do percorrido.

En canto ao complexo dunar de Corrubedo e a lagoa de Carregal e Vixán, ofrece cinco camiños de dificultade baixa; mentres O Invernadeiro expón seis itinerarios circulares de entre oito e 22 quilómetros. No monte Aloia e nas Fragas do Eume son oito as rutas, respectivamente, catro delas circulares e catro lineais.

Na Serra Enciña da Lastra os percorridos dispoñibles son nove, tantas como miradoiros; e no Xurés, o parque nacional máis grande de Galicia e que conecta co Gerês luso, 11 rutas serven para descubrir a súa riqueza natural e paisaxística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta