Burela, tres puntos vitais

O equipo mariñao vence 5-0 a Zaragoza e sae dos postos de descenso con 24 puntos, á espera dos resultados de Cartaxena e Levante. ElPozo Murcia e Levante en Vista Alegre, as dúas finais que lles restan aos laranxas.

Por gcdeportes | Burela | 14/04/2017 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
Pescados Rubén Burela 5:
Edu, Isi, Cuco, Antoñito, José Carlos -cinco inicial- Iago Míguez, Renato, Iago Rodríguez e Hélder.
Ríos Renovables Zaragoza 0: Iván Bernad, Richi Felipe, Retamar, Nano Modrego, Adri Ortego -cinco inicial- Jorge Santos, Iván Beltrán, Carlos García, Anuar, Arturo e Kosuke.
Goles: 1-0: Hélder (minuto 8). 2-0: Renato (minuto 26). 3-0: Cuco (minuto 31). 4-0: José Carlos (min. 35). 5-0: Cuco (min. 38).
Árbitros: González Moreta e Sánchez Chamorro (casteláns). Amarelas a Iago Míguez (10’) e Isi (37’) no Burela e a Iván Bernad (minutos 25 e 38) e Adri Ortego no Zaragoza.
Incidencias: partido da 28ª xornada da LNFS disputado nun ateigado pavillón de Vista Alegre.

Eran imprescindíbeis os tres puntos, e co apoio dun Vista Alegre ateigado ata a bandeira, Pescados Rubén Burela conseguiu unha vitoria vital e contundente ante Zaragoza. Hélder marcou no primeiro tempo, Renato fixo o gol da tranquilidade no 26, e Cuco, por dúas veces, e José Carlos sentenciaron na recta final do encontro. Ao final, 5-0, e Burela que suma oito vitorias e 24 puntos, por 24 Cartaxena e 23 Levante cun partido menos. Quedan dúas finais, contra El Pozo Murcia e contra Levante en Vista Alegre na última xornada.

Os burelaos aguantaron firmes os primeiros minutos, con máis dominio por parte visitante, e co paso dos minutos fixéronse coa posesión e as ocasións. Cuco avisou no 6' e, no minuto 8, Hélder adiantou os mariñaos tras pase de Iago Míguez dende a banda. Edu, co peito, evitou o empate de Iván Beltrán. Os laranxas chegaron ás cinco faltas a falla de tres minutos para o descanso, pero aguantaron en defensa e José Carlos tivo o segundo nun disparo ao pau.

Tralo descanso, de novo Edu evitou o gol visitante nas ocasións de Nano Modrego e Adri Ortego. No minuto 26, Renato fixo o 2-0 tras pase de Hélder, e o gol deu confianza aos burelaos, que buscaron ampliar a diferenza. Hélder e Iago Míguez tiveron boas ocasións, pero foi Cuco quen aproveitou un rexeite para facer o 3-0. Zaragoza tentou reaccionar con xogo de cinco, pero chegou o cuarto de José Carlos, a porta baleira dende media pista (minuto 35), e Cuco puxo o definitivo 5-0 a pouco menos de tres minutos para a bucina final, sendo Iván Bernad expulsado tras recibir a segunda amarela. Vista Alegre gozou co espectáculo, e coa vitoria laranxa.

Iago Míguez asistiu a Hélder no primeiro gol laranxa.
Iago Míguez asistiu a Hélder no primeiro gol laranxa. | Fonte: @burelafs

Os burelaos celebran o decisivo 1-0 de Hélder.
Os burelaos celebran o decisivo 1-0 de Hélder. | Fonte: @burelafs
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta