Os nacionalistas vascos esquécense de pedir que se recoñeza a "nación galega"

O PNV pide ao Estado recoñecer a existencia da "nación vasca e catalá" e "habilitar procesos que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación".

Por Galicia Confidencial | Bilbo | 16/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O PNV, un dos grandes partidos nacionalistas do Estado, esqueceuse das reclamacións nacionalistas de Galicia. Durante a presentación dos actos do Aberri Eguna --nos que ten participado o BNG-, esta formación instou ao Estado español a recoñecer as "nacións vasca e catalá", pero non a "nación galega".

"O Estado español debe asumir a existencia no seu actual seo de Catalunya e de Euskadi como nacións e recoñecelas como tal, se non quere manter un conflito político permanente", sinalou o PNV, partido que tivo grandes relacións co BNG que ten asistido, precisamente, a numersoso Aberri Eguna.

Para iso o PNV, expón "habilitar procesos democráticos de legitimación de suxeitos políticos e xurídicos, como Catalunya e Euskadi, que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación, do respecto a tratarse en pé de igualdade e a fomentar a colaboración e coordinación baseadas na equidade, a solidariedade e a liberdade de cada un".

"Actualizar o autogoberno"

Este domingo ten lugar a celebración do Aberri Eguna, na Praza Nova de Bilbao, baixo a lema 'Lehen, orain eta beti, Aberriz!' ('Antes, agora e sempre, Patria!'). Entre os obxectivos de lexislatura vasca están "actualizar o autogoberno" sobre o eixo dos dereitos dos vascos como pobo, e fixar o status da súa relación coas institucións do Estado.

Para esta formación, a celebración do Aberri Eguna é compartida por quen pertencen a "unha nación entroncada a ambos os dous lados dos Pireneos", que reivindican "o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro en igualdade de condicións co resto dos pobos e nacións do mundo". E lembrou que "a Euskadi de 2017 segue estando dacabalo de dous Estados -Francia e España- e reagrupada en tres realidades político-administrativas", en referencia á Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e o país vasco francés.

O acto político do Aberri Eguna do domingo comezará ás 11.30 horas e contará coas intervencións do lehendakari, Iñigo Urkullu, e do presidente do EBB, Andoni Ortuzar, tras o cal organizouse unha comida para unhas 1.100 persoas no Arenal.

Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca
Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

8 Star Trek

O atraso e a "alienación" calou ben fondo na sociedade galega...Pasamos de ser Bilíngües e dominar 2 Línguas a querer ser menos válidos e saber falar apenas UNHA. É dicir: ser Monolíngües. E estamos tan contentos...porque hablar como lo hacen en los Madriles es lo más de lo más. A aspiración da xente nova non é facer unha carreira e se formar...NON, NON, e mellor saír na tv en programas lixo. PD: El Gran Hermano es lo masss

7 Spin-off

Marisco baratísimo

6 Manu2

Menuda noticia... Un pouco máis de calidade señores de GaliciaConfidencial. A proxima que vai ser, os nacionalistas vascos esquezen pedirme un café con leite ?

1 Margavigo

Que pasa, que só é bo cando falan da nación galega. E senón falan a algúns bloqueiriños non lles gusta. POis como dicides algúns de vos... hai que roer que os amigos do PNV non teñan para nada en conta Galicia, como tampouco o teñen os cataláns. A verdade é que chincha un pouco que iso da nación galega sexa un conto. Ata os vascos e os cataláns saben que aquí non teñen nada que rascar

2 Star Trek

Margavigo: O pior non é que nen os cataláns nen os vascos non nos teñan en conta ( o pior é que nen sequer os "proprios galegos" nos temos en conta ) e iso sí que é preocupante...preferimos seguirmos "alienados" tentando imitar un acento madrileño que non é o noso. Porque estar "Madrileñalizado" te es "lo más".

5 antinostrus

Independentemente de Creencias e Ideoloxías, o que é ben triste e ser un Oligofrénicofenilpirúvico que, a falta de saídas espirituais ou profesionais, se bota en brazos, cal porca mamoa, do mellor postor nunha manifestación de ramerismo superlativo , ergo apuntar-se a Cloacante Toupa Maior do Ministerio do Interior da España Opresora a cambio de 29 miseros Denarios de Baquelita,,,,Volta para a Corte!!! ..CipaioNostrus,,,que a túa Nai xa ca go u á túa alícuota de hoxe, misérrico malandro.........

1 Ufff

Janaches

2 Antinostrus

Non ia so por Uffff...ía mais polo bordeline do Nostrus...

4 nostrus

As nacions galega, basca e catalá teñen a mesma base ideolóxica que o reino de Deus e a Santisima Trinidade e só existen na mente de quen cre nelas, como poden ser os beatos ou Antinostrus. Circunscribir unha nacion a zona de influencia dunha lingua é tan absurdo como circunscribila a zona onde se da un determinado cultivo ou a zona onde se disfruta dun determinado clima. Nunha nacion é moi habitual que haxa varias linguas, varios climas e/ou varias relixions. Unha nacion non ben determinada pola cultura sinon que é un ente xuridico administrativo e determinala pola lingua é tan racista como determinala por unha raza. Xa sei que os que reclaman a nacion galega teñen un importante componete racista, pero téñeno crú porque o resto non lle facemos caso e, ao non poder contar con nos, todas esas forzas se esmoreceran e remataran nunha frustracion. Imaxinade reivindicar unha nacion determinada pola zona de influencia do español

1 Balbino

Cal é a realidade da nación española?En que se basa? En sangue , imposición, dor, egoismo, espolio, odio a diversidade, imperialismo, racismo... E sobre todo mentiras, contos e mitificacións. O nacionalismo galego sempre foi internacionalista, conciliador e nin sequera é racista cós opresores españois.

2 teutonio

meu, fai favor, estuda un pouco de teoría do estado e deixa de argumentar todo con comparacións absurdas. BTW, entón non existía nación estonia, letona ou montenegrina até hai uns aniños ou como vai a cousa?, e Escocia é nación ou non segundo o teu ben informado criterio?.

3 BoDia

deixa de inxerir licor cafe e apaga a play station