Os nacionalistas vascos esquécense de pedir que se recoñeza a "nación galega"

O PNV pide ao Estado recoñecer a existencia da "nación vasca e catalá" e "habilitar procesos que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación".

Por Galicia Confidencial | Bilbo | 16/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O PNV, un dos grandes partidos nacionalistas do Estado, esqueceuse das reclamacións nacionalistas de Galicia. Durante a presentación dos actos do Aberri Eguna --nos que ten participado o BNG-, esta formación instou ao Estado español a recoñecer as "nacións vasca e catalá", pero non a "nación galega".

"O Estado español debe asumir a existencia no seu actual seo de Catalunya e de Euskadi como nacións e recoñecelas como tal, se non quere manter un conflito político permanente", sinalou o PNV, partido que tivo grandes relacións co BNG que ten asistido, precisamente, a numersoso Aberri Eguna.

Para iso o PNV, expón "habilitar procesos democráticos de legitimación de suxeitos políticos e xurídicos, como Catalunya e Euskadi, que partan do recoñecemento da soberanía de cada nación, do respecto a tratarse en pé de igualdade e a fomentar a colaboración e coordinación baseadas na equidade, a solidariedade e a liberdade de cada un".

"Actualizar o autogoberno"

Este domingo ten lugar a celebración do Aberri Eguna, na Praza Nova de Bilbao, baixo a lema 'Lehen, orain eta beti, Aberriz!' ('Antes, agora e sempre, Patria!'). Entre os obxectivos de lexislatura vasca están "actualizar o autogoberno" sobre o eixo dos dereitos dos vascos como pobo, e fixar o status da súa relación coas institucións do Estado.

Para esta formación, a celebración do Aberri Eguna é compartida por quen pertencen a "unha nación entroncada a ambos os dous lados dos Pireneos", que reivindican "o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro en igualdade de condicións co resto dos pobos e nacións do mundo". E lembrou que "a Euskadi de 2017 segue estando dacabalo de dous Estados -Francia e España- e reagrupada en tres realidades político-administrativas", en referencia á Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e o país vasco francés.

O acto político do Aberri Eguna do domingo comezará ás 11.30 horas e contará coas intervencións do lehendakari, Iñigo Urkullu, e do presidente do EBB, Andoni Ortuzar, tras o cal organizouse unha comida para unhas 1.100 persoas no Arenal.

Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca
Un acto da antiga CiU, PNV e BNG nos mellores tempos do Galeusca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

3 5uSf

O nacionalismo vasco é un movemento real, igual que o catalán, o nacionalismo galego non existe, apenas unha pequena marca electoral que depende do caso que lle faga "La voz de Galicia".

1 O que hai.

Concordo totalmente. Por desgraza.

2 Antinostrus

O Problema non e tanto ser ou non ser senón FACER-SE VALER....evidentemente Galiza e a nación mais antiga da Península Ibérica (xa figuraba no Mapa hai dous mil anos, cando nada se sabia de Euskadi ou Catalunya), os Protonacionalismos Basco e Catalán formatearon á súa estructura ideoloxíca copiando de próceres galegos (v.g. Alfredo Brañas) mais mentras os Nacionalismos Catalán e Basco acabaron resultando Exitosos e penetrando a fondo ás súas Sociedades o Galego manten-se nunha Minorización Permanente que este noso País está a pagar e pagará moi caro (senón...ao tempo).........

1 nostrus

deixa de inxerir licor cafe e apaga a play station

1 Xonc

Debería saber que o PNV xa non ten boa relación cos soberanistas galegos. Foi na candidatura con CxG e Anasagasti renegoudos acordos co BNG no pasado. A maioría dos que estaban en CxG hoxe están na Marea, incluido Anxo Quintana.

1 comunista independentista

Listaxe de partidos galegos que tiveron pactos e estiveron coaligados co PNV: Coalición Galega, Bloque, CxG. Fin.