Vitoria cómoda do Celta

O equipo celeste, no que Berizzo deu descanso aos titulares para o xoves en Bélxica, gaña 0-3 en Granada con goles de Jozabed, no primeiro tempo, e Chelo Díaz e Claudio Beauvue tralo descanso. Os celestes suman 44 puntos e manteñen a difícil loita polos postos europeos.

Por gcdeportes | Vigo | 16/04/2017 | Actualizada ás 23:54

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Granada 0:
Ochoa; Rubén Vezo, Matthieu Saunier, Ingason, Gastón Silva; Uche, Krhin (Boga, 74'), Wakaso, Andreas Pereira (Héctor, 74'), Artem Kravets (Carcela, 46') e Ezequiel Ponce.
Celta 3: Sergio Álvarez; Álvaro Lemos, Sergi Gómez, Roncaglia, Carles Planas; Pape Cheikh, Chelo Díaz; Theo Bongonda, Jozabed (Josep Señé, 80'), Hjulsager (Radoja, 69') e Claudio Beauvue (Pione Sisto, 83').
Goles: 0-1: Jozabed (minuto 22). 0-2: Chelo Díaz (73'). 0-3: Claudio Beauvue (76').
Árbitro: Sánchez Martínez (murciano). Amarelas a Chelo Díaz (58') e Álvaro Lemos (59') no Celta e a Ingason (37'), Wakaso (38'), Artem Kravets (41'), Gastón Silva (81') e Ezequiel Ponce (88') no Granada.
Incidencias: partido da 32ª xornada de Primeira División no estadio Nuevo Los Cármenes ante 13.500 espectadores.

“Máis cómodo do que agardabamos”, recoñeceu Berizzo. Cos titulares descansando para o xoves en Bélxica, cos teóricos suplentes no céspede, o Celta acadou en Granada unha vitoria doada ante un rival afundido malia estrear técnico (o inglés Tony Adams). Marcaron Jozabed, Chelo Díaz un golazo de falta e Claudio Beauvue o 0-3 definitivo. De paso, os celestes racharon coa xeira de dúas derrotas consecutivas (Valencia, Eibar) na Liga.

Chelo Díaz celebra o seu primeiro gol co Celta, nun lanzamento de falta maxistral.
Chelo Díaz celebra o seu primeiro gol co Celta, nun lanzamento de falta maxistral. | Fonte: lfp.es

Tralos primeiros minutos de tanteo, o Celta levou a iniciativa e tentou dominar o choque con posesións longas. A primeira ocasión foi para Bongonda, que caneou o seu defensor e disparou con perigo pero sen atopar portaría. Ezequiel Ponce tivo a mellor ocasión do Granada no primeiro tempo nun man a man con Sergio Álvarez, pero errou na definición. O Celta tocaba e tocaba, e Beauvue disparou alto tras unha posesión longa e un pase de Hjulsager. No minuto 22, chegou o 0-1: perda de balón do Granada tras un mal despexe de Ochoa, Beauvue que asiste a Jozabed, que marca con calidade por riba da saída do meta local. O Granada, con once nacionalidades distantas no seu once, non chegou a disparar entre os tres paus nos primeiros 45 minutos.

O Celta tentou durmir o encontro tralo descanso, con moito toque e posesión longas. O Granada achegouse con perigo nun remate coa testa de Ingason que saiu desviado e Pereira fixo intervir por primeira vez no partido a Sergio Álvarez. A mellor ocasión do Granada chegou no minuto 67, nun disparo forte e lonxano do nixeriano Uche Agbo que petou no traveseiro. O Toto Berizzo deu entrada a Radoja por Hjulsager, e puxo a quecer a Iago Aspas. Non foi necesaria a entrada do de Moaña, xa que Chelo Díaz, cun lanzamento de falta maxistral, sentenciou o partido co 0-2 no minuto 73. Apenas dous minutos después, o Celta fixo o 0-3 definitivo, nunha contra que rematou cun disparo ao pau de Bongonda e Beauvue que aproveitou o rexeite. Ponce puido facer o gol da honra para o Granada, pero non atinou coa portaría no 86'. Con oficio e concentración, o Celta goleou o Granada cos menos habituais sobre o céspede. O xoves, agarda o Genk belga para facer historia, coa vantaxe mínima do 3-2 na ida en Balaídos.

Os  celestes celebran o 0-1 de Jozabed.
Os celestes celebran o 0-1 de Jozabed. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Por fin un milagre, alguén fala sen pelos na lingua e pon no seu lugar ao alcalde de Vigo !!! Ninguén dende o mundo da política foi quen de tirar un GOL tan ben tirado coma esta entrevista publicada ademáis na folla parroquial de Vigo http://www.farodevigo.es/celta-de-v...

1 Gamela

por se alguén non sabe do que fala Mouriño aquí tedes máis datos... https://flic.kr/p/NG6EzJ