Triacastela rexistra un terremoto de 3,5 graos

O movemento sísmico sentiuse con diversa intensidade en varios municipios da provincia lucense.

Por E.P. | LUGO | 17/04/2017 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

A zona de Triacastela (Lugo) rexistrou na madrugada deste luns un terremoto de 3,5 graos na escala de Richter que se sentiu con diversa intensidade en varios municipios da provincia lucense.

Terremoto en Triacastela (Lugo)
Terremoto en Triacastela (Lugo) | Fonte: Europa Press

Segundo a información facilitada polo Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto produciuse ás 00.37 horas deste luns, con epicentro en Triacastela.

O movemento sísmico sentiuse en puntos de municipios como Becerreá, Sarria e Quiroga e con algo menos de intensidade tamén se deixou notar en zonas de Chantada, Lugo e Monforte de Lemos.

Previamente, ás 23.41 horas do domingo rexistrouse outro terremoto con epicentro en Triacastela de 2,1 graos na escala de Richter, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

O 112 Galicia recibiu  sobre as 1.00 horas deste luns unha chamada dun particular veciño das aforas de Sarria para informar de que sentira un movemento sísmico, pero concretou que non sufrira danos na súa vivenda.

Posteriormente outro particular chamou ao servizo de emerxencias para indicar que notara un tremor, que posteriormente confirmou o Instituto Xeográfico Nacional.

O servizo de emerxencias 112 Galicia apuntou que non ten constancia de danos como consecuencia destes movementos sísmicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta