Temas: LUGO FUXIDAS

A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow

Durante varios milenios a provincia de Lugo gardou un segredo. É hora de compartilo.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 18/04/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

C:\Users\Guido\Desktop\1.jpg

Imaxe nocturna da muralla de Lugo
Imaxe nocturna da muralla de Lugo | Fonte: Guido Álvarez

Viaxeiros na Praza Maior de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Díxoo un soado personaxe lucense (non diremos o nome porque non lembramos as palabras exactas) na presentación dunha das últimas campañas turísticas da provincia de Lugo: “Os lucenses gardamos con receo e durante moitos séculos o noso maior segredo: que vivimos nunha terra marabillosa. É hora de que compartamos isto co mundo”.

Eu estou totalmente de acordo. Lugo é especialista en conservar marabillas, en conservar, en xeral. Ás veces isto deixounos atrás no tempo en certas cousas (temos que meditar sobre elo), pero outras permitiunos salvagardar formidables tesouros que se distinguen a nivel mundial: a única muralla romana completa do planeta, infinidade de reliquias arqueolóxicas, algunhas das mellores praias do mundo, paraísos naturais (tres reservas da Biosfera), paisaxes impresionantes... e unha velocidade de vida admirable para este mundo de hoxe.

Si... todos coñecemos a moda do turismo slow... non? Ese modo de viaxar sen reloxo, sen presa, e gozando das pequenas cousas. Slow Food, Slow Fashion, Slow City... viaxar a lume lento.

C:\Guido\Fotos\2016\Favoritas\Alfoz e Valadouro 100.JPG

O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza, no Xistral (Foto: Guido Álvarez Parga)

Eu son un fanático deste xeito de viaxar, cada vez máis e máis. Ás veces viaxo doutros xeitos, pero cada vez máis a miúdo, cada certo tempo, necesito facer unha viaxe “lenta e profunda”. Irme a un lugar que non coñeza, cunha boa marxe de días, e perderme no tempo e no espazo. Fíxeno últimamente en Berlín, na Bretaña Francesa, en Lisboa, en Hungría… e se non fose porque son de Lugo, encantaríame facelo nesta provincia (fágoo, pero día a día) que segundo o meu parecer ben podería ser a capital mundial do turismo slow.

C:\Guido\Fotos\2016\Favoritas\Lugo 071.JPG

Muralla Romana de Lugo, do século III (Foto: Guido Álvarez Parga)

Vivín experiencias de turismo lento en distintos países, sobre todo en Italia e en Uruguai, e teño a certeza de que Lugo estaría merecidamente en calquera podio que se propuxese para este tipo de destinos.

Un amigo napolitano veu hai un ano e medio a visitarme unha fin de semana, e ao final quedouse un mes... un mes que sempre di que se lle quedou curto. Hospedouse no barrio da Ponte e cada día aproveitou o seu tempo paseando pola cidade ou movéndose pola provincia... e atopou esa famosa velocidade, esa famosa calidade do tempo lucense.

C:\Guido\Fotos\2016\Favoritas La Galice Celtique\2 (38).JPG

Canóns do Sil (Foto: Guido Álvarez Parga)

Un café mirando ao Miño en Portomarín, unha ollada ao mar dos celtas desde Fazouro, un vaso de viño e unha charla con algún amigo nos miradoiros da Ribeira Sacra, unha camiñada polos bosques do Courel, unha viaxe no tempo polas pallozas de Piornedo... un pouquiño de boa vida, despaciño, que o mundo non remata mañá…

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985).Guía Oficial de Turismo de Galicia. Axente de viaxes en Galicia Infinita. Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).

www.guidoalvarezparga.com

Twitter: @guidoalvarezp / Facebook: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

Temas: LUGO FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta