The Divine Comedy en Pontevedra

A formación irlandesa chega a Pontevedra con “Foreverland”, o seu último álbum que veu a luz despois de seis longos anos de espera.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 18/04/2017 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

The Divine Comedy, banda británica liderada por Neil Hannon, confírmase como a primeira e atraínte proposta centrada nunha voz masculina do ciclo Voices cun concerto no pontevedrés Pazo da Cultura o venres 15 de setembro.

The Divine Comedy
The Divine Comedy

Tras seis longos anos de espera, un dos compositores máis singulares e aclamados do pop británico volve á carga con “Foreverland”, undécimo álbum de The Divine Comedy formado por 11 cancións ostentosamente melódicas, liricamente audaces e suntuosamente arranxadas que nos falan das relacións humanas cotiás. “Tal vez esta sexa a miña fase imperial" di Neil Hannon cando fala dun álbum que trata a vida ordinaria cun acompañamento musical extraordinario.

Neil Hannon é o fundador de The Divine Comedy, naceu en Derry (Irlanda do Norte, 1970) fillo dun bispo da Igrexa de Irlanda. “Posiblemente non é un típico fondo de estrelas pop”, recoñece. Acadou a fama pop improbable durante o auxe do Britpop dos anos 90, cunha mestura única de estilos musicais arcaicos, melodías cheas de gancho e letras audazmente inxeniosas.

The Divine Comedy lanzou dez discos entre 1990 con “Fanfare for Comic Muse” e 2010, “Bang Goes The Knighthood”. Non obstante, nos últimos seis anos Hannon decidiu explorar outras vías. “As miñas actividades extra-pop son válvulas de presión que me permiten deixar escapar o vapor musical”, afirma o artista. Escribiu as melodías dunha aclamada versión musical de “Swallows and Amazons”, puxo as palabras do dramaturgo alemán Frank Alva Buecheler á música na breve pero poderosa ópera de cámara “In May”, foi seleccionado polo Royal Festival Hall para escribir unha peza para o seu órgano recentemente reformado...

Agora, seis anos despois, The Divine Comedy regresa aos escenarios en formato completo, coa banda como soporte e con este novo traballo baixo o brazo, que se poderá desfrutar en Pontevedra o venres 15 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta