“Os bos xestores e os mellores corruptos”

O PP volve ás portadas por casos corrupción. A detención do ex-presidente da Comunidad de Madrid e que Mariano Rajoy teña que declarar no xuízo da Gürtel fan xirar o debate político. En Galicia, parte da oposición non deixa pasar a oportunidade para sacarlle as cores a uns conservadores que polo de agora asisten mudos aos acontecementos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/04/2017 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

En Marea cre que a detención desta mañá é símbolo da “impunidade do PP nos anos de recortes e de precariedade” e cre que “rematou o tempo de silencio fronte á corrupción”. A confluencia tamén lembrou a necesidade de crear unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, algo que “o PP rexeitou sen rubor”.

Ignacio González tenta ocultarse cando a Policía o sube detido a un coche
Ignacio González tenta ocultarse cando a Policía o sube detido a un coche | Fonte: lasexta.com

Luís Villares comunica a súa “vergoña” ante “os bos xestores e mellores corruptos”. O líder de En Marea, que foi xuíz, tamén publicou un vídeo no que analiza os desafíos que terá que afrontar Rajoy na súa comparecencia:

Dende o BNG destácase a acumulación de casos de corrupción no partido que goberna España. “A este paso o PP podería trasladar a súa sede a un xulgado. Cheira a podre na capital do estado”, sinalou esta mañá Ana Pontón. A voceira nacionalista tamén ataca as críticas lanzadas polos conservadores contra a decisión da Audiencia Nacional de que o presidente declare como testemuña no xuízo da primeira época da Gürtel.  “O PP indignado pola citación xudicial do Rajoy pola caixa B, por financiación ilegal. Non era que querían colaborar coa xustiza?”, pregúntase.

E que di mentres o PPdeG? Os conservadores galegos gardan un total silencio sobre estas dúas noticias. Polo de agora só repiten as consignas que chegan dende a dirección de Madrid. É dicir, que  “Rajoy no tiene nada que ocultar ni nada nuevo que aportar" e que o do González é outro caso illado, polo que esta mañá xa foi suspendido de militancia, aínda que sexa temporalmente. O PSdeG non fixo polo de agora ningunha valoración oficial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Sesees

Pois anda como esta a xustiza. Con xuices en excedencia na política , que despois retornan a os tribunais. Rara mezcolanza nun estado de dereito . Por non falar do poder de algún grupo de comunicación convenientemente dirixido dende altas instancias. A política cheira

3 fotos de madrid e frijol

están demostrando ser uns autenticos inútiles os mareados- de podreiros, son incompetentes, e mais incompetente e o señor Villano, Villano vai preparando as maletas que ninguen che quere nadiña (especialmente no conglomerado de kunfu-pandas de xeira) Metichedes o pepeiro no gobernó coas teorías de jose manolito -Vieiras (agora autentico evadido político no feudo reborainas) dixechedes que xa estaba a unidade popular a maioria e non sei cantas sandeces mais durante 12 anos e agora temos mais de pepeiro en mandriles igual o inútil Waldo das jons (pableiras) tentou o sorpaso para encaramarse como xefe e meteu de presi o wáter do marijuano

1 Anda loqui

Vai tomar a pastilla Gonzalito.

2 teutonio

Mimadriña, levas praí 7 anos a comentar en cada nova non sei que carallo de podreiros e o vieiras, a ver se o nostrus che da o número do seu psiquiatra e che fai unha revisión, que o teu tampouco é normal.

3 comunista independentista

Chámase "Síndrome de Amio", e padéceo máis da metade da militancia que queda no Bloque.

2 nostrus

A verdade é que o nosos pais esta cheo de corruptos, pederastas e renegados, case hai tantos corruptos como independentistas. Un dos politicos menos corruptos pode que sexa Beiras, debido a que nunca admistrou un euro das arcas publicas e sempre se adicou na sua vida politica a dar polo Q. Tamen cabe recordar que os que se presentan puros e escollidos xeneticamente por ser fillos do pobo, non o son tanto como eles predican https://okdiario.com/espana/2017/02.... Ao carcere cos do PP corruptos e cos outros tamen

1 vás chegar tarde

nostrus, mais uma outra vez, que que tens a reunião para organizar o do autocarro de FaiteOuvir em Puentearenas para ver como repartides o trabalho.

1 Bufffito

Mariconismos... A corrución, atopada ou non, sexa delito ou non haina en todos os partidos. Canto mais poder teñen, mais se corrompen. Como o PP ten moito poder, ten mais casos. Pero eu non esquezo que CA lle perdonara as multas ao Tarasca; que a Marea na Coruña pásase un montón de pueblos dando traballos aos amiguiños que asinaran o seu manifesto, ou que subvencionen a ONGs afíns nas que traballou cando menos un dos seus concelleiros; non esquezo o Carromeiro; tampouco que REGANOSA meteuse dentro da ría de Ferrol contra toda razón; que calquera coñece o que abundan os funcionarios do P"SOE" nos concellos onde gobernou, etc. Non é so o PP. Desde se sabe, pero eu teño a convicción de que nos demáis hai o mesmo en proporción ao poder ainda que se saiba menos.